Agora que pasámo-los exames vou a empezar a publicar unha serie de presentacións cos traballos realizados neste tramo final do curso. Aquí están os que fixemos como unha primeira aproximación á técnica do estarcido ou esténcil. Foi unha actividade moi divertida de realizar, recortando as prantillas e pintando cos sprays. ¡Conseguimos algúns resultados sorprendentes!
Amosando publicacións coa etiqueta Graffiti b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Graffiti b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 9 de xuño de 2012
venres, 11 de maio de 2012
xoves, 1 de marzo de 2012
Saída pola tenda de regalos
Exit Through The Gift Shop: Un film de Bansky é unha película dirixida por Banksy, que conta a historia de Thierry Guetta, un inmigrante francés en Los Angeles, e a súa obsesión co street art. A película rexistra a constante documentación de Guetta de cada momento en vídeo, dende un encontro co seu primo, o artista Invader, á súa presentación a unha multitude de artistas da rúa, coma Shepard Fairey e Bansky, (do cal o seu anonimato é preservado oscurecendo a súa cara e alterando a súa voz), ata que finalmente o mesmo Guetta acada a fama coma artista da rúa.
O filme estreouse no Festival de Sundance de 2010. Está narrado por Rhys Ifans. A música é de Geoff Barrow. Inclúe a canción de Richard Hawley "Tonight The Streets Are Ours". A película foi nominada en 2011 para os Oscar na categoría de "Mellor película documental", e gañou na mesma categoría dos Independent Spirit Awards do mesmo ano.
Houbo un debate sobre se o documental é auténtico ou é un "mockumentary" (falso documental)
Algunhas críticas:
"Subversiva, provocativa e inesperada, (...) é unha delicia cómo te colle por sorpresa, comezando de forma tranquila pero acabando nun xogo de espellos tan inquedante que nin a Alicia de Lewis Carroll o tería experimentado xamais." (Kenneth Turan: Los Angeles Times)
"Non está moi claro cánto hai de ficción e cánto de realidade, pero este espectáculo sobre o arte da rúa é tan insólito como apasionante." (Carlos Boyero: Diario El País)
"Un interesante xogo de espellos sobre o arte da rúa, o pop, a verdade e a mentira. Feita con auténtico talento, cun sentido do humor e da ironía magníficos" (E. Rodríguez Marchante: Diario ABC)
"Banksy reproduce en celuloide o xogo irónico, autorreferencial e ácido dos seus debuxos da rúa nunha película co beneficio da intelixencia. Ademáis, resulta ben divertida (por intelixente)." (Luis Martínez: Diario El Mundo)
luns, 13 de febreiro de 2012
mércores, 8 de febreiro de 2012
Dous vídeos sobre arte urbana
- Arte urbano 1: Un programa de Metrópolis, programa de RTVE sobre cultura e arte contemporánea, emitido o pasado venres. Primeiro dos programas nos que exploran a nova arte urbana, herdeira do graffiti e a arte de acción, anárquica, poética e combativa, é a arte que se expresa nas rúas. Ver aquí
- Style Wars, un clásico sobre as orixes do graffiti:
http://youtu.be/0EW22LzSaJA
domingo, 5 de febreiro de 2012
O estarcido ou esténcil
![]() |
| Esténcil de Ángela Davis (2005) |
Shepard Fairey, "Obey", é un dos artistas máis importantes do Street Art (Arte da Rúa).
Este artista é recoñecido por desenvolver o seu arte na rúa, onde retrata con esténcil a persoaxes mundialmente coñecidos.
Máis abaixo, un vídeo de cómo traballa no seu estudio.
A TÉCNICA DO ESTARCIDO
¿Qué é?
O estarcido é unha técnica artística que consiste en pintar sobre distintos materiais utilizando unha plantilla. Saber utiliza-lo estarcido axúdanos a realizar composicións artísticas, carteis e decoracións para a parede con cores uniformes.
Características
As plantillas pódense comprar feitas ou ben fabricalas nós mesmos. Coa mesma plantilla podemos facer múltiples copias.
Para realiza-lo estarcido necesitamos dispoñer dos seguintes materiais: cúter ou tesouras, cartulinas ou acetato transparente, lápis, rotuladores indelebles, pintura (spray) e instrumentos para extende-la pintura: pinceis, cepillos de dentes, esponxas, aerógrafo, etc.
Como se traballa?
- Eleximos un texto ou unha imaxe en branco e negro con formas simples e cerradas. Esta imaxe debúxase sobre o soporte (acetato ou cartulina) que utilizaremos como plantilla. Ten en conta que non se poden deixar espacios ou "islas" en branco dentro dunha área negra porque son as que van a ser cortadas. Utilízanse "pontes" para uni-las islas coa superficie da prantilla e formar unha unidade.
- O contorno do debuxo recórtase cun cúter ou tesouras e obtense un espacio aberto con zonas sólidas arredor.
- A prantilla recortada fíxase con cinta adhesiva enriba do soporte definitivo. A continuación pulverízase a pintura cun spray ou ben aplícase, sen humedecer, cun pincel sobre toda a superficie.
- A prantilla levántase e déixase seca-la imaxe. Se a pintura está moi húmida os bordes correranse. Limparemos a prantilla antes de que a pintura se seque para poder utilizala de novo.
domingo, 18 de setembro de 2011
Descubren un mural perdido de Banksy nunha galería de Berlín
A obra foi cuberta con pintura fai oito anos para habilitar espacio para novos traballos
16/09/2011
O mural do artista británico Banksy «Every Picture tells a lie» foi redescuberto en Berlín o pasado fin de semana, despois de que unha galería o cubrise con pintura hai oito anos para habilitar espazo para novos traballos.
Banksy, que mantén en segredo a súa identidade, pintou a obra en 2003 para unha exhibición nunha galería de arte contemporánea na capital alemá. O mural foi recuperado como parte dun proxecto artístico de Brad Downey, artista estadounidense cuxa exhibición «What Lies Beneath» se centra en capas de pintura.
«O descubrimento é o proxecto de Downey: el quería xogar con iso», dixo Stephane Bauer, xefe da galería Kunstraum Bethanien, onde se expón o traballo de Banksy. Downey, que tamén foi parte da exposición en 2003, recordou o traballo de Banksy e quixo redescubrilo para o seu proxecto de 2011.
A obra de Banksy
Seguindo as coidadosas instrucións de Downey, os restauradores descubriron a obra, que retrata soldados alados con caras sorrintes e levando armas. As palabras «Every Picture Tells a Lie» están esborranchadas en pintura vermello sangue enriba deles.
A galería non está segura do que pasará co traballo de Banksy cando remate a exposición o 23 de outubro. Podería volver hibernar tras os muros recén pintados de branco... se ninguén intenta compralo antes.
Segundo Stephane Bauer, é difícil dicir canto vale o Banksy: «Non creo que poida valer moito porque hai unha capa de pintura por enriba da maior parte».
Fonte: ABC.es
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



