mércores, 13 de xuño de 2012

Interpretación das Tahitianas de Gauguin

Fixemos esta lámina dentro da unidade da cor en primeiro. Tratábase de facer un debuxo a lápis do famoso cadro de Gauguin, Mulleres de Tahití, (1891) e colorealo utilizando tons da gama cálida. Este cadro foi pintado na primeira estancia do pintor na isla. Na técnica que utilizou Gauguin, o "cloisonismo", as cores planas están encerradas con trazos negros e azul de prusia.

Practicamos a copia dos grandes mestres e usamos témperas e pincel, que nos gusta moito. As caras das mulleres e as mans, así coma gardar as proporcións do corpo era o que nos resultou máis difícil. ¿O violeta era cálido ou frío? ¿E o verde? ¿E o negro...?

Composición con tipografía

Éste é un exercicio que fixemos despois de estudia-la unidade da composición, que trata sobre cómo se ordenan e relacionan entre sí os elementos da linguaxe plástica no prano. Na composición entran en xogo diferentes factores coma o formato, a proporción, o ritmo, a simetría, o peso visual, as direccións visuais, os esquemas compositivos e tamén a relación entre figura e fondo.

Neste traballo os alumnos utilizaron distintas tipografías recortadas de revistas ou periódicos, para configurar palabras ou frases, e compoñer un collage xogando tamén con outros elementos visuais, e guiándose por algún dos esquemas de composición que vimos na clase.

Composición Tipografía

View another webinar from Camino Casabella