luns, 6 de xuño de 2016

Deseño de camisetas

Algúns vídeos sobre cómo pintar camisetas coa técnica do estarcido ou esténcil.




Usando varias cores:



Cómo cortar unha plantilla e pintar con ela:






venres, 15 de xuño de 2012

Lipdub para a graduación de 4º da ESO

Atención a este lipdub que os alumnos de 4º da ESO fixeron para a súa graduación. Foi preparado e realizado por eles mesmos nun tempo récord. Trátase dun só plano secuencia. Qué pasada non? É moi gracioso!!

mércores, 13 de xuño de 2012

Interpretación das Tahitianas de Gauguin

Fixemos esta lámina dentro da unidade da cor en primeiro. Tratábase de facer un debuxo a lápis do famoso cadro de Gauguin, Mulleres de Tahití, (1891) e colorealo utilizando tons da gama cálida. Este cadro foi pintado na primeira estancia do pintor na isla. Na técnica que utilizou Gauguin, o "cloisonismo", as cores planas están encerradas con trazos negros e azul de prusia.

Practicamos a copia dos grandes mestres e usamos témperas e pincel, que nos gusta moito. As caras das mulleres e as mans, así coma gardar as proporcións do corpo era o que nos resultou máis difícil. ¿O violeta era cálido ou frío? ¿E o verde? ¿E o negro...?

Composición con tipografía

Éste é un exercicio que fixemos despois de estudia-la unidade da composición, que trata sobre cómo se ordenan e relacionan entre sí os elementos da linguaxe plástica no prano. Na composición entran en xogo diferentes factores coma o formato, a proporción, o ritmo, a simetría, o peso visual, as direccións visuais, os esquemas compositivos e tamén a relación entre figura e fondo.

Neste traballo os alumnos utilizaron distintas tipografías recortadas de revistas ou periódicos, para configurar palabras ou frases, e compoñer un collage xogando tamén con outros elementos visuais, e guiándose por algún dos esquemas de composición que vimos na clase.

Composición Tipografía

View another webinar from Camino Casabella



sábado, 9 de xuño de 2012

O esténcil

Agora que pasámo-los exames vou a empezar a publicar unha serie de presentacións cos traballos realizados neste tramo final do curso. Aquí están os que fixemos como unha primeira aproximación á técnica do estarcido ou esténcil. Foi unha actividade moi divertida de realizar, recortando as prantillas e pintando cos sprays. ¡Conseguimos algúns resultados sorprendentes!

O estencil
View another webinar from Camino Casabella

xoves, 31 de maio de 2012

¡¡Premiados!!



¡A nosa primeira curtametraxe "O Clube Do Sábado" foi premiada cun accésit na categoría de "Mellor música" do concurso REC-CURTA!


A entrega de premios terá lugar mañá venres, 1 de xuño ás 17:00 h. na Cidade Da Cultura en Santiago de Compostela. Trala mesma, os alumnos terán a oportunidade de participar nun coloquio co actor e director Rubén Riós ("Libro de Familia"), que lles falará de técnicas de actuación, da curtametraxe que él mesmo dirixiu recentemente, e responderá ás súas preguntas sobre o seu traballo na televisión e no cine.


Esta primeira experiencia na producción audiovisual foi unha aprendizaxe para nós e un desafío que nos levou a buscar solucións innovadoras a cada paso, e que nos serviu para coñecer novas posibilidades. Aledámonos moito de recibir esta recompensa que nos anima a continuar co bo traballo e a facer máis progresos no futuro.


Grazas a tódolos que contribuíron a facelo posible. 


¡¡PARABÉNS A TODOS!!

  • Para ver a película completa e a súa sinopse, pincha aquí.