xoves, 3 de novembro de 2011

Elementos básicos da linguaxe visual: O Punto

Imos a entrar nesta nova unidade do noso libro de texto, "Construímos las imágenes", analizando os distintos elementos que forman as imaxes. Empezaremos por un elemento moi pequeno, pero que ofrece moitas posibilidades na linguaxe plástica: o punto.

O punto chega a ter un grande valor expresivo, xa que con él podemos indicar unha posición, sensación de continuidade ou discontinuidade, cercanía ou profundidade, movemento, volume, luz e sombra, e crear formas e texturas.

Moitos artistas utilizaron o punto para expresarse: Paul Klee, Claude Monet, George Seurat, Roy Lichtenstein.

Coa seguinte presentación e a web "Elementos básicos del lenguaje visual" repasaremos o visto na clase: