Xa podedes ver a presentación dos círculos cromáticos. A canción é She's a Rainbow dos Rolling Stones.
Amosando publicacións coa etiqueta A cor b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A cor b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 15 de marzo de 2012
martes, 28 de febreiro de 2012
Dándolle cor
Seguimos coñecendo e traballando a cor con algúns materiais sobre as características e a percepción da cor.
- En primeiro lugar, aquí temos un pequeno vídeo para repasar o que vimos na clase sobre cómo percibimos as cores.
- En segundo lugar, o apartado "La percepción del color" do recurso "La Enciclopedia Interactiva De La Percepción Visual"
- O seguinte recurso, "As dimensións da cor", axudaranos a coñece-las cualidades da cor, que serven para concretar e califica-las cores.
- Por último, presta atención ó seguinte vídeo realizado polo programa tres14 de RTVE que fai un repaso ás características da cor. Moi interesante!
- Para completar información, un completísimo banco de recursos sobre a cor: https://sites.google.com/site/luciaag2/elcolor
martes, 7 de febreiro de 2012
O círculo cromático e a síntese sustractiva da cor
Esta semana empezamos a coñece-la cor, un dos elementos máis importantes da linguaxe visual e plástica. Como primeira actividade do tema, realizaremo-lo clásico círculo cromático de doce cores (tres primarias, tres secundarias e seis terciarias). Esta tradicional actividade realizarédela con témperas e axudaravos a:
- Repasa-la división da circunferencia.
- Coñece-las cores pigmento primarias: amarelo, azul cyan e maxenta.
- Traballar coa mezcra sustractiva de cores. Partindo das primarias, obterede-las secundarias e terciarias.
- Practicar unha técnica húmida: a témpera.
No seguinte vídeo do Canal EducaThyssen tendes unha sinxela explicación da actividade que ides a realizar.
Tamén poderedes ver cómo traballar de forma correcta coa técnica do Gouache ou témpera no seguinte vídeo:
Ademáis de face-lo círculo cromático analóxico, tamén podemos realizalo en dixital con esta estupenda aplicación de educacionplastica.net coa que xa podedes ir practicando:
http://www.educacionplastica.net/circuloCromatico.html
Na mesma web podedes ver unha breve explicación e un gráfico interactivo para experimenta-la síntese aditiva e a síntese sustractiva da cor:
luns, 19 de decembro de 2011
Flipando en cores
Aquí vos deixo a última presentación de traballos de Plástica deste ano 2011, que estamos a piques de rematar. Son os traballos de interpretación de fotografías elexidas polos alumnos, mediante tons planos de cor, empregando a técnica do gouache.
Tratouse dun estupendo exercicio de síntese para estas xoves promesas da pintura e foi unha actividade que os rapaces disfrutaron bastante, pois o momento de aplicar as cores co pincel resulta moi relaxante e divertido. Hai auténticas obras de arte!
Mentras o vemos, imos a recoller esas "Good Vibrations" dos Beach Boys. O ano que vén, moito máis e mellor!!

luns, 7 de novembro de 2011
Armonías de Cor
Nesta presentación atoparedes explicacións sobre os distintos tipos de armonías e as formas de combinar as cores de forma efeciva para aplicar no exercicio da interpretación dunha fotografía con cores planas.
As cores planas
O recurso de interpretar unha fotografía en tons planos é moi empregado no deseño de carteis, cómics e nas artes gráficas en xeral e ten un grande valor expresivo. O proceso de traballo é o seguinte:
Partindo dunha foto que vos resulte atractiva ou interesante, imos reinterpretala resolvéndoa por medio de tons planos de cor. Para elo, delimitaremos en primeiro lugar grandes áreas de color homoxénea, realizando así un "mapa de tons". Podemos facer a análise dos diferentes tons de cor, ou ben facer o estudio das zonas de luces e sombras. Para isto realizaremos un bosquexo a lápis da imaxe en primeiro lugar, delimitando as formas con precisión mediante amplias zonas de cor sen deternos nos detalles nin na intensidade das luces, e centrándose nas variacións tonais e nos distintos planos de profundidade. A continuación, as zonas delimitadas píntanse de cores planas sin que cheguen a tocarse entre sí, é dicir, respetando unha pequena marxe blanca.

Con este proceso podemos darlle un look de cómic a unha fotografía:

Nesta presentación tendes máis exemplos de retratos e paisaxes. ¡Ánimo! Veredes cómo os resultados son espléndidos.
mércores, 2 de novembro de 2011
A Cor: Características xerais e mezclas. O gouache
Para repasar o que aprendimos en primeiro e ver algo máis sobre as características xerais da cor temos esta presentación:
Tamén veremos este vídeo de Educathyssen sobre as mezclas de cor en función do ton, e a diferencia entre tons fríos e cálidos. ¿Dache a mesma sensación a imaxe pintada con tons fríos e cálidos?
Para a técnica da témpera ou gouache, necesitaremos pinceis de pelo suave, que son os que toman carga de auga. Hai moitos tipos de pinceis, según a pintura e a técnica coa que se vaian a utilizar: planos, redondos, carrados, en abanico, de lengua de gato... e con diferentes tipos de pelo.
¿Qué pinceis nos poden vir ben? Os que teñan pelo suave, redondos ou planos, como na imaxe inferior.

Para un bo mantemento:
- Intenta evitar que se cole pintura entre as cerdas e o metal, xa que acabará abrindo as cerdas e estropeándoas.
- Límpao ben despois do seu uso con auga e xabón, frotándoo suavemente sobre a palma da man para que expulse a pintura que poida ter entre as cerdas.
- Non o deixes olvidado a remollo, así evitarás que se deforme a punta e se oxide a parte metálica.
- Gárdao de maneira que se quede en vertical e coa punta para arriba para que non se deforme.
Por último, sobre a técnica do gouache:
A percepción da cor
Imos a comezar una nova unidade sobre un tema fascinante: A cor. A modo de introducción déixovos este vídeo sobre como percibimos as cores.
Ademáis, Ingrid Calvo Ivanovic ofrece en Proyectacolor uns obxetos de aprendizaxe que nos facilitarán a teoría e a percepción da cor (unidades 1 e 2).
Para finalizar, ¿qué opinas das cores da imaxe? ¿Son espirales azuis e verdes realmente? ¡A solución en poucos días!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)