xoves, 3 de abril de 2008

UN BLOG PARA ESTAR Á ULTIMA

TRES CUARTOS, MELLOR BLOG DO MES DE MARZO

O blog
Tres cuartos, dedicado á lingua castelá e elaborado polos alumnos de 4º de ESO do IES María Casares de Oleiros (A Coruña), foi o gañador do concurso Mellor Caderno Dixital de Prensa-Escuela do mes de marzo. É, a xuízo do xurado, un exemplo de como optimizar as características das bitácoras para aproveitar ao máximo a súa potencialidade didáctica. Neste caso non se contempla como un simple caderno da clase xa que os alumnos e a profesora, Mª Jesús Varela, utilízano integrando na aula diferentes linguaxes como o multimedia (imaxes, aplicacións web, étcetera), o audiovisual ou a poesía cantada, entre outros.
En Tres cuartos a innovación non pasa desapercibida. A súa liña de traballo nova vese en moitos dos textos que incluíron, como unha entrevista a un autor. Ademais, estudan a poesía, que se introduce a través de cancións na categoría Verso a Verso. Os alumnos comparten palabras e a lectura de libros (Palabras compartidas e Confeso que lin) coma se dun agasallo común para todos se tratase. A través doutros apartados, como Aula de xornalistas, pódese acceder a unha verdadeira hemeroteca daquelas noticias de interese para os escolares onde, ademais dun resumo das mesmas, publican a súa opinión e debátena en comentarios.
A profesora deixa claro os seus bo facer e saber pedagóxico: utiliza o blog a modo de portafolio dixital onde vai incluíndo tarefas e recursos, e como un lugar de encontro onde os alumnos expresan as súas opinións sobre a experiencia. Os motiva con propostas didácticas onde eles son os verdadeiros protagonistas. Cabe destacar a sección de cine, recurso ata agora pouco habitual nos blogs de Prensa-Escola a pesar da facilidade coa que se poden inserir escenas de películas para tratar en todas as áreas.
O Caderno Dixital non só serve para o aula de lingua senón tamén como axenda do que acontece no centro e no seu contorno, con seccións como deportes que conecta cos intereses de moitos dos alumnos.