martes, 7 de febreiro de 2012

O círculo cromático e a síntese sustractiva da cor


Esta semana empezamos a coñece-la cor, un dos elementos máis importantes da linguaxe visual e plástica. Como primeira actividade do tema, realizaremo-lo clásico círculo cromático de doce cores (tres primarias, tres secundarias e seis terciarias). Esta tradicional actividade realizarédela con témperas e axudaravos a:

  • Repasa-la división da circunferencia.
  • Coñece-las cores pigmento primarias: amarelo, azul cyan e maxenta.
  • Traballar coa mezcra sustractiva de cores. Partindo das primarias, obterede-las secundarias e terciarias.
  • Practicar unha técnica húmida: a témpera.

No seguinte vídeo do Canal EducaThyssen tendes unha sinxela explicación da actividade que ides a realizar.


Tamén poderedes ver cómo traballar de forma correcta coa técnica do Gouache ou témpera no seguinte vídeo:


Ademáis de face-lo círculo cromático analóxico, tamén podemos realizalo en dixital con esta estupenda aplicación de educacionplastica.net coa que xa podedes ir practicando:
http://www.educacionplastica.net/circuloCromatico.html

Na mesma web podedes ver unha breve explicación e un gráfico interactivo para experimenta-la síntese aditiva e a síntese sustractiva da cor:

¡A traballar!!!

2 comentarios:

  1. CANDO TEÑAMOS QUE FACER ISO TODOS PENSAREMOS QUE É DIFÍCIL PERO CUN POUCO DE SORTE SAIRANNUS PERFECTOS!!!!
    LAURA SANCHEZ CASTEDO Nº 25 1º A ESO

    ResponderEliminar
  2. Jaja, é moi divertido este traballo.
    O mellor de todos os que fixemos.
    Natalia Mosquera Perez nº17 1ºA

    ResponderEliminar