luns, 19 de decembro de 2011

Flipando en cores

Aquí vos deixo a última presentación de traballos de Plástica deste ano 2011, que estamos a piques de rematar. Son os traballos de interpretación de fotografías elexidas polos alumnos, mediante tons planos de cor, empregando a técnica do gouache.

Tratouse dun estupendo exercicio de síntese para estas xoves promesas da pintura e foi unha actividade que os rapaces disfrutaron bastante, pois o momento de aplicar as cores co pincel resulta moi relaxante e divertido. Hai auténticas obras de arte!

Mentras o vemos, imos a recoller esas "Good Vibrations" dos Beach Boys. O ano que vén, moito máis e mellor!!

venres, 9 de decembro de 2011

Trazando a liña

Seguindo co tema dos elementos da linguaxe visual, imos a traballar con un dos máis importantes: a liña.

A liña permítenos expresarnos de moi variadas maneiras dependendo dos materiais e útiles que empreguemos e a superficie sobre coa que traballemos. Ademáis, con trazos e intensidades diferentes, conséguense representacións artísticas moi variadas. A liña artística é moi diferente á que utilizamos para traza-los debuxos xeométricos.

Na seguinte presentación que trata o tema da liña podedes repasar algúns destes conceptos que imos a ver na aula vistos na aula e empezar a coñecer outros novos. na presentación explícase cómo diferentes tipos de liñas (horizontais, verticais, rectas ou curvas) fan que as obras artísticas transmitan sensacións diferentes.




 Hai un artista que vari@s de vós coñecedes xa moi ben: Pablo Picasso. Él facía un tipo de debuxos chamados de un só trazo, nos que non levantaba o pincel ou o lápis do papel. Mirade a seguinte aplicación sobre estes debuxos.

Como curiosidade, non vos perdades este vídeo de un só trazo:



O traballo que imos a facer consiste en realizar un autorretrato empregando a liña como elemento expresivo.
No seguinte aplicación, How to draw a head, aínda que está noutro idioma, temos explicacións con imaxes sobre cómo debuxar unha cabeza.

A mansión de cuarto

Un exercicio de aplicación da perspectiva cónica consiste en debuxar a distribución dunha habitación en perspectiva cónica central por ser algo máis sinxela cá de dous puntos de fuga. Lembra que ó estar os obxetos paralelos ó plano do cadro tódalas liñas fugan ó punto principal P.



Aquí tedes un vídeo coa técnica para debuxar una habitación en perspectiva cónica central, da que xa falamos na clase.

O seguinte traballo vai a consistir en debuxar e deseñar a construcción dunha casa ou mansión entre todos. Imaxina que un espectador mira unha casa de frente sen a fachada principal:



Cada un de vós vai a escoller unha estancia da casa: cuarto de baño, salón, cociña, dormitorios, garaxe... e debuxará un deseño da habitación en perspectiva cónica frontal cos elementos máis relevantes da decoración. Evitaremos todos aqueles que teñan curvas complicadas. Podes buscar deseños en internet para axudarte no proxecto do debuxo da habitación. Suxírovos que visitedes o blogue The Cool Hunter para que vos sirva de inspiración.

Podes axudarte debuxando sobre a foto dunha habitación os elementos da perspectiva como ves neste croquis, e despois realiza-lo teu debuxo no block añadindo ou eliminando detalles ó teu gusto. Para que a casa pareza máis real pódense abrir portas nos laterais da habitación para simular que pasamos dun cuarto a outro.


Cando teñas o debuxo no block, realizaralo de novo coidando o rotulado nun papel vexetal A3 para garda-lo traballo da perspectiva, e sobre o debuxo do block completarás o traballo de cor mediante un collage de fotos de revistas seguindo as pautas para a realización da perspectiva en canto a tamaño relativo dos obxetos, fugas, etc. No collage podes añadir mobiliario, persoas, mascotas, unha foto de tí mesmo...


Aquí vos deixo os pasos un por un.

cónica frontal

luns, 5 de decembro de 2011

Rhythm, Joie De Vivre

Dous artistas do século pasado, Sonia Delaunay e Robert Delaunay, crearon composicións coloristas e abstractas, das cales o elemento central era a circunferencia. Neste xenial blogue temos máis información sobre as súa vida e obras, xunto cun atractivo plan de traballo a partir dos cadros destes artistas.

A seguinte proposta de traballo consiste en realizar unha composición a partir dunha cuadrícula e o trazado de circunferencias de diferentes tamaños e tipos: concéntricas, secantes, tanxentes, exteriores e interiores, tomando como inspiración a obra "Rythm, Joie de Vivre", de Robert Delaunay.

Nesta outra páxina faise un repaso ós elementos da circunferencia, a súa división en partes iguais e a súa relación coa obra dos artistas comentados.






Concurso de fotografía de Nadal

Levas un fotógrafo dentro? Esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso que organiza o colexio cunha foto que capte a esencia do Nadal, nun instante único e irrepetible.

Hai dúas categorías, unha para alumnos e outra para familiares. O prazo de entrega remata o MÉRCORES 14 DE DECEMBRO, e os titores serán os encargados de recoller as fotos mediante un sistema de códigos que vos explicarán nas clases durante esta semana. Os premios serán otorgados por un xurado integrado por profesionais da fotografía, profesorado e representantes da comunidade educativa, específicamente designado para o evento.

Consulta as bases do concurso aquí.

Non deixes de participar!!

domingo, 4 de decembro de 2011

Que punto!!

Bo traballo e noraboa rapaces!!
Canción: "Shake, Rattle And Roll" de Elvis Presley
O punto
View another webinar from Camino Casabella