domingo, 18 de setembro de 2011

Descubren un mural perdido de Banksy nunha galería de Berlín


A obra foi cuberta con pintura fai oito anos para habilitar espacio para novos traballos

16/09/2011

O mural do artista británico Banksy «Every Picture tells a lie» foi redescuberto en Berlín o pasado fin de semana, despois de que unha galería o cubrise con pintura hai oito anos para habilitar espazo para novos traballos.

Banksy, que mantén en segredo a súa identidade, pintou a obra en 2003 para unha exhibición nunha galería de arte contemporánea na capital alemá. O mural foi recuperado como parte dun proxecto artístico de Brad Downey, artista estadounidense cuxa exhibición «What Lies Beneath» se centra en capas de pintura.

«O descubrimento é o proxecto de Downey: el quería xogar con iso», dixo Stephane Bauer, xefe da galería Kunstraum Bethanien, onde se expón o traballo de Banksy. Downey, que tamén foi parte da exposición en 2003, recordou o traballo de Banksy e quixo redescubrilo para o seu proxecto de 2011.

A obra de Banksy
Seguindo as coidadosas instrucións de Downey, os restauradores descubriron a obra, que retrata soldados alados con caras sorrintes e levando armas. As palabras «Every Picture Tells a Lie» están esborranchadas en pintura vermello sangue enriba deles.

A galería non está segura do que pasará co traballo de Banksy cando remate a exposición o 23 de outubro. Podería volver hibernar tras os muros recén pintados de branco... se ninguén intenta compralo antes.

Segundo Stephane Bauer, é difícil dicir canto vale o Banksy: «Non creo que poida valer moito porque hai unha capa de pintura por enriba da maior parte».

Fonte: ABC.es