domingo, 5 de febreiro de 2012

O estarcido ou esténcil

Esténcil de Ángela Davis (2005)

Shepard Fairey, "Obey", é un dos artistas máis importantes do Street Art (Arte da Rúa).

Este artista é recoñecido por desenvolver o seu arte na rúa, onde retrata con esténcil a persoaxes mundialmente coñecidos.

Máis abaixo, un vídeo de cómo traballa no seu estudio.







A TÉCNICA DO ESTARCIDO


¿Qué é?

O estarcido é unha técnica artística que consiste en pintar sobre distintos materiais utilizando unha plantilla. Saber utiliza-lo estarcido axúdanos a realizar composicións artísticas, carteis e decoracións para a parede con cores uniformes.

Características

As plantillas pódense comprar feitas ou ben fabricalas nós mesmos. Coa mesma plantilla podemos facer múltiples copias.

Para realiza-lo estarcido necesitamos dispoñer dos seguintes materiais: cúter ou tesouras, cartulinas ou acetato transparente, lápis, rotuladores indelebles, pintura (spray) e instrumentos para extende-la pintura: pinceis, cepillos de dentes, esponxas, aerógrafo, etc.

Como se traballa?

  1. Eleximos un texto ou unha imaxe en branco e negro con formas simples e cerradas. Esta imaxe debúxase sobre o soporte (acetato ou cartulina) que utilizaremos como plantilla. Ten en conta que non se poden deixar espacios ou "islas" en branco dentro dunha área negra porque son as que van a ser cortadas. Utilízanse "pontes" para uni-las islas coa superficie da prantilla e formar unha unidade.
  2. O contorno do debuxo recórtase cun cúter ou tesouras e obtense un espacio aberto con zonas sólidas arredor.
  3. A prantilla recortada fíxase con cinta adhesiva enriba do soporte definitivo. A continuación pulverízase a pintura cun spray ou ben aplícase, sen humedecer, cun pincel sobre toda a superficie.
  4. A prantilla levántase e déixase seca-la imaxe. Se a pintura está moi húmida os bordes correranse. Limparemos a prantilla antes de que a pintura se seque para poder utilizala de novo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario