domingo, 30 de outubro de 2011

¡Feliz Samaín!

Tim Burton (1958) é un director, produtor, escritor e diseñador estadounidense. A maioría das súas películas caracterízanse pola presenza de mundos imaxinarios onde adoitan estar presentes elementos góticos e escuros, cuxos protagonistas soen ser seres inadaptados e enigmáticos.

A curtametraxe "Vincent" foi realizada por Tim Burton e Rick Heinrichs en 1982, e conta a historia dun neno de 7 anos chamado Vincent Maloy, que está obsesionado co actor Vincent Price e tódolos seus papeis de cine, así como con Edgar Allan Poe.

Vincent Price (1911 - 1993) foi un actor estadounidense coñecido pola súa distintiva voz que protagonizou unha serie de películas de terror na última parte da súa carreira.

Edgar Allan Poe (1809 - 1849) foi un escritor, poeta, crítico e xornalista estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, que foi recordado especialmente polos seus contos de terror.

Esta é a primeira curtametraxe dirixida por Tim Burton e utiliza a técnica de animación stop-motion (cadro por cadro), con bonecos de ollos grandes e lúgubres figuras de arxila. Cun excelente guión e música, mostra o lado que sempre lle gustou a Tim Burton: a escuridade, a desesperación, o medo e as figuras trastornadas.

A historia está narrada de forma excelente polo propio Vincent Price. Aquí vola deixo con subtítulos.

domingo, 23 de outubro de 2011

Sistema axonométrico

Composición pictórica inspirada na representación axonométrica de planos.
"Construcción espacio-temporal II", Theo Van Doesburg, 1924

O sistema axonométrico, do que forman parte a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira, ten como obxeto a representación de formas tridimensionais. Representa os corpos a través de un só trazado que proporciona unha visión global e de conxunto do volume.


Perspectiva isométrica da Casa Roberts.
Frank Lloyd Wright, 1908

A axonometría é unha perspectiva que ten a ventaxa de facilitar un debuxo de gran claridade formal e fácil interpretación. Para mellora-la lectura dos trazados, os sistemas axonométrico e diédrico utilízanse conxuntamente: o sistema diédrico aporta as formas e proporcións verdadeiras do corpo e o debuxo axonométrico mostra a apariencia volumétrica total das pezas.


A perspectiva axonométrica é, ademais, un sistema rápido e sinxelo no seu trazado, polo que é moi utilizado en tódolos campos do deseño e do debuxo industrial porque resulta idónea para mostrar o ensamblaxe de pezas, de motores, de mobles e volumes en xeral.

Neste tema empregaremos as seguintes aplicacións on-line:

Tododibujo: Apuntes

educacionplastica.net: Explicacións e exercicios sobre a perspectiva axonométrica ortogonal

Mira este vídeo cunha breve introducción:

Sistema Diédrico e Vistas


Co exercicio que estamos a realizar do debuxo do alzado dun edificio poñemos punto e final a esta serie de sesións adicadas ó sistema diédrico, interpretación de planos e debuxo de vistas dun sólido.




Éstas aplicacións interactivas servirannos para repasar:

Tododibujo: por se alguén se despistou collendo apuntes aquí o tedes todo (Mirar: o punto, a recta, o plano, e vistas diédricas -sistema europeo-)
Interpretación de planos: exercicios interactivos de vistas e pezas
Vistas: Explicacións e exercicios interactivos de pezas, vistas e sistema diédrico (tipos de rectas e planos)
educacionplastica.net: Material sobre sistema diédrico básico




Neste vídeo explícase claramente cómo se proxectan a planta, alzado e perfil dunha peza tridimensional nos 3 planos: horizontal, vertical e de perfil, no sistema europeo.

19º edición de Estampa, a feira de arte múltiple

Hai obras de arte únicas e outras que se producen en serie. Dende 1993, a feira de arte Estampa reuniu cada ano unha oferta creativa que está máis cerca dun público máis amplo ca o que pode acceder ás pezas que se exhiben en Arco, a feira de arte contemporánea madrileña que se organiza tódolos meses de febreiro.

O novo director da feira, Chema de Francisco, quixo marcar o seu estreno con algunhas novedades: a oferta que presenta o centenar de expositores convocados por Estampa este ano vai máis alá da obra gráfica e as edicións, e demostra que a arte múltiple se dá na maior parte dos medios creativos: fotografía, vídeo, escultura... e mesmo pintura.

Pero esa extensión do concepto de arte seriada non queda aí. Outra novidade este ano é a incorporación de dúas novas seccións dedicadas ao deseño e ao son.

Fonte: El País 23/10/2011

Trazados xeométricos fundamentais

Dende a Revolución Industrial prodúcense en serie todo tipo de obxetos, dos cales o seu deseño progresou extraordinariamente. Para poder proxectalos estableceuse unha linguaxe coa que os técnicos de calqueira lugar do mundo poidan comunicarse. Esta linguaxe utiliza representacións gráficas como liñas, símbolos, etc.
O deseño industrial dun producto comeza coa súa planificación. Para elo, debúxase o obxeto que se vai a fabricar utilizando trazos a man alzada, nun boceto chamado croquis.

Cadeira "Barcelona", Mies Van Der Rohe. Foi deseñada para o pabellón alemán da exposición internacional de Barcelona de 1929 e aínda se comercializa case 80 anos despois.


 O deseño arquitectónico utiliza o debuxo técnico para representar nun espacio bidimensional o proxecto de edificios.

Do mesmo modo que para escribir necesitamos coñece-las palabras e para realizar operacións matemáticas os números, en debuxo técnico é necesario estudia-los trazados que nos permiten iniciarnos nesta linguaxe: a mediatriz dun segmento, a bisectriz dun ángulo, o Teorema de Tales...

Para estudia-los trazados fundamentais dispoñemos dunha serie de aplicacións en liña:
educacionplastica.net: Construcción paso a paso e exercicios para practicar.
Construccións de debuxo técnico: Materiais, técnicas e construccións básicas. Actividades para imprimir.
Exercicios de debuxo técnico: Construcción paso a paso.




sábado, 22 de outubro de 2011

Polígonos: triángulos e cuadriláteros

Aquí temos unha serie de materiais que nos van a axudar a repasar o que estamos estudiando nesta primeira unidade sobre formas poligonais, triángulos e cuadriláteros.

1.-Clasificación dos triángulos (Wikipedia) CLICK AQUÍ

2.-Cómo construír un triángulo equilátero:


3.-Cómo construír un triángulo isósceles:


4.-Presentación power point sobre os conceptos básicos dos polígonos e a clasificación dos triángulos (cos seus elementos principais), e os cuadriláteros. CLICK AQUÍ

5.-Aplicacións sobre os triángulos: Propiedades, elementos notables e construcción. CLICK AQUÍ

Documentación:

Tipos de polígonos

Vídeo para coñecer cómo son os polígonos segundo o seu número de lados e diferenciar os regulares dos irregulares.

Escuadra e cartabón

Xa sei que sodes uns cracks da creación, pero aquí vos deixo unhas imaxes de dous instrumentos que xa vos presentei na clase e que utilizaremos en debuxo técnico.

O CARTABÓN


Como podemos observar, o cartaBÓN é o instrumento que está acentuado con tilde e o máis longo. Os seus ángulos son de 90º, 30º e 60º.

A ESCUADRA

A escuadra é mais coñecida, senón botádelle un vistazo a este vídeo:



...se xa sabía eu que vos sonaba de algo! Os ángulos da escuadra son: 90º, 45º e 45º.

xoves, 20 de outubro de 2011

Pop Art

Éstes son os traballos que os alumnos de terceiro realizaron como unha pequena homenaxe a Andy Warhol e como estudio da relación entre a publicidade, os medios de comunicación de masas e a arte. A canción é "Are you gonna be my girl" de Jet, que aparece precisamente nun famoso anuncio realizado por uns creativos que saben un pouco de marketing, ¿alguén sabe cal?

mércores, 19 de outubro de 2011

Creación de logotipos

Xa están aquí os logotipos creados polas rapazas e rapaces de primeiro! Están deseñados como selo de intentidade dunha serie de empresas e productos de futuro que eles proxectaron, como parte da súa imaxe corporativa. Disfrutade a presentación co tema "Hey Mama", dos Black Eyed Peas.

Presentación logos

View another webinar from Camino Casabella

venres, 7 de outubro de 2011

Arte Pop

Na década dos 50 e principios dos 60 do século XX, artistas británicos e estadounidenses crearon un novo movemento artístico, o Pop Art, caracterizado polo emprego de temáticas, iconografía e técnicas da cultura de masas, a publicidade e a sociedade de consumo.

Pode afirmarse que o Arte Pop é o resultado dun estilo de vida, a manifestación plástica dunha cultura (pop), caracterizada pola tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxetos deixan de ser únicos para producirse en serie.

Trabállase con iconos de obxetos cotidianos, coma electrodomésticos, embalaxes, publicidade, cómic e revistas, e fotografías das estrelas do cine e da televisión.

O próximo traballo que imos a realizar en terceiro é unha serie de obras de Arte Pop inspiradas nas creacións de Andy Warhol, o seu máximo representante. Tras una exitosa carreira como ilustrador profesional, Warhol adquiriu notoriedade mundial polo seu traballo en pintura, cine de vanguardia e literatura. Utilizou no seu traballo productos populares de consumo e valorou a importancia dos medios de comunicación de masas como vehículos para extender a arte. Dúas das súas frases célebres son: "A arte comercial é moito mellor que a arte pola arte". E "Todo o mundo debería ter dereito a 15 minutos de gloria"

Aquí tedes un vídeo da súa obra, con música da Velvet Underground, banda que formou parte da súa exposición multimedia "Exploding Plastic Inevitable".

xoves, 6 de outubro de 2011

Divertida homenaxe a Chaplin

Aproveitando que en primeiro estamos a realiza-lo deseño dun logotipo, hoxe déixovos un exemplo da creatividade dos deseñadores dalgunhas compañías. Neste caso trátase de "Google", o famoso buscador, que adoita a cambia-lo seu logotipo en datas especiais. Google celebra cumpreanos, aniversarios e acontecementos globais coma o mundial de fútbol, con alteracións no deseño do seu logo oficial. Días especiais coma o Nadal ou o Entroido tamén tiveron os seus propios logos.

Esta vez Google foi máis lonxe e sorprendeunos coa realización dun corto adicado ó actor Charles Chaplin (1889-1977), con motivo do aniversario do seu nacemento, xa que cumpriría 122 anos.

O vídeo, protagonizado por traballadores da mesma compañía, utiliza a estética das primeiras películas en branco e negro. É un corto de cine mudo no que un dobre de Charlie Chaplin le un diario "Google" e unha pintora deseña un logo de "Google".

domingo, 2 de outubro de 2011

Saída ó paseo do Rato

Este venres os de primeiro fixemos unha saída ó paseo do Rato, onde pasamos unha divertida xornada de xogos e convivencia en plena natureza aproveitando este bo tempo que estamos a disfrutar este outono.

Xa tedes aquí as fotos nesta presentación con música de Arcade Fire e o seu "Wake Up".

*As fotos do xogo do pistoleiro fíxenas coa cámara de Marita e serán incluídas en canto sexa posible.