venres, 9 de decembro de 2011

A mansión de cuarto

Un exercicio de aplicación da perspectiva cónica consiste en debuxar a distribución dunha habitación en perspectiva cónica central por ser algo máis sinxela cá de dous puntos de fuga. Lembra que ó estar os obxetos paralelos ó plano do cadro tódalas liñas fugan ó punto principal P.



Aquí tedes un vídeo coa técnica para debuxar una habitación en perspectiva cónica central, da que xa falamos na clase.

O seguinte traballo vai a consistir en debuxar e deseñar a construcción dunha casa ou mansión entre todos. Imaxina que un espectador mira unha casa de frente sen a fachada principal:



Cada un de vós vai a escoller unha estancia da casa: cuarto de baño, salón, cociña, dormitorios, garaxe... e debuxará un deseño da habitación en perspectiva cónica frontal cos elementos máis relevantes da decoración. Evitaremos todos aqueles que teñan curvas complicadas. Podes buscar deseños en internet para axudarte no proxecto do debuxo da habitación. Suxírovos que visitedes o blogue The Cool Hunter para que vos sirva de inspiración.

Podes axudarte debuxando sobre a foto dunha habitación os elementos da perspectiva como ves neste croquis, e despois realiza-lo teu debuxo no block añadindo ou eliminando detalles ó teu gusto. Para que a casa pareza máis real pódense abrir portas nos laterais da habitación para simular que pasamos dun cuarto a outro.


Cando teñas o debuxo no block, realizaralo de novo coidando o rotulado nun papel vexetal A3 para garda-lo traballo da perspectiva, e sobre o debuxo do block completarás o traballo de cor mediante un collage de fotos de revistas seguindo as pautas para a realización da perspectiva en canto a tamaño relativo dos obxetos, fugas, etc. No collage podes añadir mobiliario, persoas, mascotas, unha foto de tí mesmo...


Aquí vos deixo os pasos un por un.

cónica frontal

Ningún comentario:

Publicar un comentario