A seguinte proposta de traballo consiste en realizar unha composición a partir dunha cuadrícula e o trazado de circunferencias de diferentes tamaños e tipos: concéntricas, secantes, tanxentes, exteriores e interiores, tomando como inspiración a obra "Rythm, Joie de Vivre", de Robert Delaunay.
Nesta outra páxina faise un repaso ós elementos da circunferencia, a súa división en partes iguais e a súa relación coa obra dos artistas comentados.
