![]() |
Composición pictórica inspirada na representación axonométrica de planos. "Construcción espacio-temporal II", Theo Van Doesburg, 1924 |
O sistema axonométrico, do que forman parte a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira, ten como obxeto a representación de formas tridimensionais. Representa os corpos a través de un só trazado que proporciona unha visión global e de conxunto do volume.
![]() |
Perspectiva isométrica da Casa Roberts. Frank Lloyd Wright, 1908 |
A axonometría é unha perspectiva que ten a ventaxa de facilitar un debuxo de gran claridade formal e fácil interpretación. Para mellora-la lectura dos trazados, os sistemas axonométrico e diédrico utilízanse conxuntamente: o sistema diédrico aporta as formas e proporcións verdadeiras do corpo e o debuxo axonométrico mostra a apariencia volumétrica total das pezas.
A perspectiva axonométrica é, ademais, un sistema rápido e sinxelo no seu trazado, polo que é moi utilizado en tódolos campos do deseño e do debuxo industrial porque resulta idónea para mostrar o ensamblaxe de pezas, de motores, de mobles e volumes en xeral.
Neste tema empregaremos as seguintes aplicacións on-line:
Tododibujo: Apuntes
educacionplastica.net: Explicacións e exercicios sobre a perspectiva axonométrica ortogonal
Mira este vídeo cunha breve introducción: