Unha composición modular, mosaico ou tesela é o  resultado da combinación sobre unha rede ou trama denominada rede  modular, composta de unidades que se repiten, chamadas módulos ou teselas.
 
Unha composición modular pode organizarse utilizando módulos desprazados linealmente (traslación), mediante xiros, ….
 
INTRODUCCIÓN HISTÓRICA
 
Os árabes foron grandes mestres da arte xeométrica. Na Alhambra de Granada, construída nos séculos XIII e  XV, moitos pavementos e mosaicos de chans e paredes están decorados  utilizando xiros, simetrías, traslacións e recortes sobre figuras  regulares.
 
Detalles dos Mosaicos da Alhambra de Granada:
Se queres saber cómo se construíron, AQUÍ tes a explicación.
As redes modulares máis utilizadas son as  basadas en polígonos regulares e pódense combinar  orixinando dúas  clases de redes: simples (que se forman por repetición dunha soa  figura: triángulos ou cadrados) e complexas: (fórmanse pola  utilizacion de varias figuras xeométricas á vez ou pola  superposicion de redes simples). A condición fundamental é que debe  compactar o prano, é dicir, cubrila por completo sen deixar ocos.
Na seguinte presentación tendes os contenidos más importantes  deste tema. Se miras ó teu redor, serache fácil encontrar estructuras e  composicións modulares tanto artificiais como naturais. Os módulos foron elementos que se han empregaron ó longo da historia da  arte e o deseño para crear composicións estructuradas e ordenadas.
A imaxe da portada da presentación pertence ó artista Barry McGee. ¿Poderías realizar unha composición similar utilizando unha rede triangular? Para facelo podes utilizar esta aplicación, que visitaremos para traballar sobre este tema: Estructuras modulares bidimensionales. 
Tamén veremos a un artista que traballou moito con este tema: M.C. Escher, ó que adicaremos unha entrada en breve.



 
