luns, 14 de novembro de 2011

A Perspectiva Cónica

 Debuxar o espacio no plano: A realidade é tridimensional

 DEBUXO E PERSPECTIVA
 
Así é, vivimos nun mundo tridimensional. O espacio e tódalas formas da realidade teñen tres dimensións:
 Fotografá de una calle con peatones.
1.A altura ou lonxitude, 2.A anchura e 3.A profundidade
Podemos ademáis camiñar por este espacio, cambiando o punto de vista e polo tanto, transformando a forma aparente dos obxetos. Os objetos cambiarán (en apariencia) o seu tamaño, se nos acercamos ou nos alonxamos. Tamén, os objetos pérdense tras outros e van aparecendo outros novos cando nos movemos ou xiramos arredor deles.
Os sistemas perspectivos
Os sistemas perspectivos ou perspectivas, basándose nas claves espaciais (altura, anchura e profundidade), utilizan métodos matemáticos que serven para representar ou imita-la realidade tridimensional nun papel bidimensional (altura e anchura).
Fotografá de andén ferroviario
Fotografía de andén ferroviario
Dibujo de andén ferroviario
Debuxo de andén ferroviario
Polo tanto, cando tratemos de debuxa-la realidade, haberá que utilizar estes trucos para que os obxetos que debuxemos teñan a apariencia de profundidade.
Vexamos a continuación o aspecto de profundidade que conseguiremos no plano utilizando dous sistemas perspectivos muy conocidos:
  • O sistema axonométrico. (Perspectiva isométrica e cabaleira)
  • A perspectiva cónica
A imaxe da estación pertence á perspectiva cónica. Observa cómo hai un punto F, chamado punto de fuga, ata  o que converxen todas las líneas. Observa tamén cómo as formas van diminuíndo de tamaño.
A perspectiva cónica permítenos representar nun papel as formas tal e como as vemos na realidade. Desta forma, con este sistema pódese debuxa-la realidade dunha maneira moi parecida a como a ve o ollo humano.
 Elementos da perspectiva cónica

Se miramos a través dun cristal (PC ou plano del cuadro)  e debuxamos nel as liñas fundamentais do que observamos, estamos trazando unha perspectiva cónica. O PV ( punto de vista) é o ollo polo que observas, o plano de horizonte ( PH ) pasa pola túa pupila exactamente, o ( PX ) plano xeometral é o chan onde se asentan os objetos que diebuxamos.
A imaxen  anterior ilustra a intersección do plano do cadro co cono de visión. O resultado é unha imaxe deformada que é a que vemos.
 Elementos da perspectiva cónica:
En primeiro lugar temos o plano do cadro (PC) sobre o que se proxectará ol obxeto. Podemos dicir que o mismo é coma un papel transparente, perpendicular ó chan e situado entre o obxeto e o observador.
O punto de vista (V) é o observador que mira o obxeto. A súa posición (se mira dende arriba, dende cerca ou dende la esquerda, etc.) determina a forma de proxectarse o obxeto no plano do cadro.
A liña de horizonte (LH) é una liña horizontal respecto ó chan, sobre a que se situarán o punto ou os puntos de fuga. Esta liña imaxinaria atópase á altura dos ollos do observador.
O punto principal (P) sitúase na liña de horizonte. Neste punto converxerán ou fugarán tódalas liñas paralelas a unha dirección. Dependendo do número de puntos de fuga, será o tipo de perspectiva cónica.
Por último, a liña de tierra (LT) é outra liña imaxinaria resultado da intersección do plano do cadro co plano do chan. Ambos planos son perpendiculares entre sí.
Por último, os puntos de fuga F y F’ no caso da perspectiva cónica oblicua. Son puntos que se sitúan na liña de terra unha vez abatida a distancia entre o punto principal e o punto de vista. A distancia entre eles é la hipotenusa dun triángulo rectángulo, cuxo vértice de 90º é o punto de vista.
O debuxo en perspectiva cónica e o seu plantexamento
Pero para realizar os plantexamentos de forma técnica, a partir de elementos imaxinados ou en construcción temos que desenvolver o acoplamento ou abatimento dos planos principais para realiza-lo debuxo sobre o papel. Observa aa animación. A partir deste abatimento ata convertilo nun só plano (o do papel), é cando podemos traballar e imaxinar…

Observa que as direccións fundamentais da figura debuxada repítense para determina-los focos sobre a liña de horizonte. As liñas das figuras prolónganse ata a liña de terra e de ahí parten ata o foco determinado pola paralela a dita dirección. No cruce de liñas homólogas podemos determinar os puntos homólogos A\’, B\’, C\’ y D\’ sobre o plano do cadro.
Este tipo de perspectiva é o que chamamos Perspectiva Cónica Oblicua , porque a figura sitúase de forma Non Paralela / Perpendicular ó plano do cadro.
Clases de perspectiva cónica
Perspectiva cónica frontal.
Falamos de perspectiva cónica frontal cando unha das caras dol obxeto é paralela ó plano do cadro e ó observador, é dicir, cuando una das caras é frontal á nosa vista. Neste caso, sólo haberá un punto de fuga que coincide co punto principal (P). A cara do obxeto que sexa paralela ó plano do cadro aparecerá en verdadeira magnitude, é dicir, tal cal no obxeto real, sen deformación perspectiva. Tódalas demais direccións das caras dun cubo, por exemplo, converxerán no punto de fuga ou punto principal (P).
Perspectiva cónica oblicua.
Falamos de perspectiva cónica oblicua cando ningunha das caras do obxeto é paralela ó plano do cuadro e, polo tanto, ten as súas caras en direccións oblicuas respecto ó observador. Neste caso aparecerán dous puntos de fuga (F y F’), ata cada un dos cales converxerán as aristas do obxeto que sexan paralelas entre sí.
Posicións do punto principal e da Liña de Horizonte LH
Nos seguintes exemplos podemos comprobar de qué modo se ven os corpos en perspectiva cónica frontal, en función de onde está situado o espectador (P) e da altura dende onde observa (LH).
Na imaxe 1, o espectador mira o cubo completamente de frente e dende arriba.
Na imaxe 2, o espectador sitúase á dereita e mira dende arriba. Pode ver, polo tanto, as caras dereita e superior do cubo.
Perspectiva Cónica Frontal    Perspectiva Cónica Frontal   Perspectiva Cónica Frontal
Figura 1                     Figura 2                   Figura 3
Perspectiva cónica dun cadrado e o seu plantexamento
Na seguinte animación a figura atópase en posición paralela / perpendicular ó plano do cadro. O punto de fuga atópase, polo tanto, na perpendicular ó punto de vista. É o punto principal (P.P.) o punto que recolle as fugas das rectas homólogas da figura que son perpendiculares ó cuadro. As diagonais do cadrado, ó formar 45º coa liña de terra axúdannos a trazar as posicións exactas dos puntos. Ó unir estas diagonais dende a liña de terra ata os puntos de distancia homólogos (D e D’), aparece xa a figura plana en perspectiva.
Este tipo de perspectiva denomínase Perspectiva Cónica Frontal , porque a figura atópase en posición perpendicular ou de frente ó plano do cuadro.
Trazamos alturas en perspectiva cónica.
Observa a imaxe da dereita. As árbores, todas coa mesma altura, pero ó lonxe vanse facendo máis e máis pequenas.  Os seus elementos homólogos únense en rectas que van ata o punto de fuga principal. A altura real dos obxetos sempre se tomará ou medirá sobre o pé das rectas que unen puntos homólogos sobre o plano do cuadro, é dicir, sobre a liña de terra.
CONTIDOS OBTIDOS DE CNICE.MEC.ES/PLASTICA
EXERCICIOS:
DEBUXAR UNHA RÚA EN PERSPECTICA CÓNICA FRONTAL
DEBUXAR UNHA HABITACIÓN EN PERSPECTIVA CÓNICA FRONTAL
DEBUXAR UNHA RÚA EN PERSPECTIVA CÓNICA OBLICUA
DEBUXAR UNHA CIDADE EN PERSPECTICA CÓNICA OBLICUA
MáIs exercicios en:
Información obtida de:
EVOLUCIÓN DA PERSPECTIVA CÓNICA.