martes, 28 de febreiro de 2012

A composición

Unha vez estudiado o tema da forma, imos a continuar con esta nova unidade que trata sobre a composición. Un cadro ou unha fotografía están construídas a partir da linguaxe visual. Esta linguaxe necesita de unha orde para ser comprendida. Chamamos composición á maneira en que se organizan e se relacionan entre sí os elementos visuais que forman unha imaxe. A finalidade da composición é producir unha  mensaxe visual unitaria, ordenada e armónica.
The Var Department, Hyères, 1932, de Henri Cartier-Bresson, Museo Nacional de Arte Moderno George Pompidou, Paris
Nesta imaxe, Henri Cartier-Bresson amósanos unha escaleira e un ciclista que circula por unha rúa sen decatarse de que un obswervador o fotografía. Para este auntor, unha boa fotografía non só debe atrapar un instante, senón que ten que captalo cunha boa composición.
Cartier-Bresson considera moi importantes tanto o encadre, é dicir, a decisión do fotógrafo respecto a qué elementos da realidade formarán parte da imaxe, como o equilibrio entre os diferentes elementos que interveñen na composición. A composición desta fotografía está definida por un rectángulo de proporción aúrea.
Composición VIII, de Kandinsky. Para o pintor ruso o primordial nos seus cadros era a composición e a cor, máis ca o propio tema.


Le Modulor, de Le Corbusier

Os cánones de Policleto e Le Corbusier
Na Antigüidade, o escultor grego Policleto ideou un canon de beleza segundo o cal a altura total do corpo humano equivalía a sete veces a altura da cabeza, que servía de módulo.
No século XX, o arquitecto Le Corbusier plantexou un canon que relacionaba as medidas do home co número de ouro, para aplicalo ó deseño de espazos arquitectónicos.

Repasaremos algúns dos contidos sobre a composición coa seguinte presentación, e a aplicación que temos máis abaixo:




Dándolle cor

Seguimos coñecendo e traballando a cor con algúns materiais sobre as características e a percepción da cor.

  • En primeiro lugar, aquí temos un pequeno vídeo para repasar o que vimos na clase sobre cómo percibimos as cores.


  • O seguinte recurso, "As dimensións da cor", axudaranos a coñece-las cualidades da cor, que serven para concretar e califica-las cores.
  • Por último, presta atención ó seguinte vídeo realizado polo programa tres14 de RTVE que fai un repaso ás características da cor. Moi interesante!