martes, 17 de xaneiro de 2012

M.C. Escher



M.C. Escher, artista holandés (1898-1972) fixo da ambigüedade figura-fondo unha das características dalgunhas das súas obras, a base da súa creatividade e imaxinación. Fascinado polas investigacións da percepción visual e, en concreto, sobre o problema da constitución da figura e do fondo, realizou obras nas que as figuras se transformaban en fondo e viceversa.

Debuxante e viaxeiro incansable, visitou Italia, Suiza e España, onde quedou impresionado coa Alhambra de Granada. Empezou os estudios de arquitectura pero pronto os abandoou para adicarse á súa labor de debuxante. Utilizou as técnicas do grabado en madeira (xilografía), o grabado en pedra (litografía) e os debuxos a plumilla (tinta) para representar paisaxes, arquitecturas e figuras imposibles nos que xoga coa xeometría e a percepción do espectador.

A través dos seus debuxos crea un universo máxico de figuras e seres imposibles, plagado de conceptos contrarios (noite e día, ben e mal), brindándonos un bo número de exemplos para a explicación e aplicación do deseño modular, as transformacións xeométricas ou as simetrías.

A continuación temos unha serie de enlaces que nos permiten acceder a numerosas imaxes da súa amplia obra, e tamén a vídeos do seu proceso de traballo, entrevistas e documentais:

Página oficial de M.C. Escher. Ademáis da súa biografía e imaxes das súas obras máis importantes, a web contén material videográfico: Escher traballando sobre unha plancha de grabado e varias entrevistas ó artista nas que fala sobre a súa vida e obra. También se inclúen deseños 3D das súas arquitecturas imposibles e a posibilidade de descargar puzzles interactivos. Moi interesante.
M.C. Escher Mindscape: o artista nunha web do Cybermuse da Galería Nacional de Canadá. Dividida en cinco apartados (vida, temas, técnicas, galería e enlaces) nos que destacan, por didácticos, os contidos relativos ás técnicas empregadas polo artista.

ESCHER E A XEOMETRÍA:
A xeometría na arte de M.C. Escher. Web elaborada por Enríque Martínez Arcos. Concebida como un taller de matemáticas no que se fai unha análise dos contidos matemáticos presentes na obra do artista: movementos no plano traslacións e xiros), simetrías, etc.
Mathematical Art of M.C. Escher.

CURIOSIDADES:
Anuncios publicitarios que utilizan ilusións ópticas inspiradas pola obra de Escher: Anuncio da marca Audi e Anuncio de Illy Cofee
Escena da película Dentro do Laberinto, dirixida en 1986 por Jim Henson e protagonizada por David Bowie e Jeniffer Connelly co laberinto creado por Escher na súa obra Relatividade.
Fotos en FlickCC que se encontran baixo o nome “Escher”. Algunhas son moi interesantes.

Hallucii, corto de animación que recrea a obra Ascending and descending (podes velo na pantalla inferior)