luns, 7 de novembro de 2011

Armonías de Cor

Nesta presentación atoparedes explicacións sobre os distintos tipos de armonías e as formas de combinar as cores de forma efeciva para aplicar no exercicio da interpretación dunha fotografía con cores planas.

As cores planas

O recurso de interpretar unha fotografía en tons planos é moi empregado no deseño de carteis, cómics e nas artes gráficas en xeral e ten un grande valor expresivo. O proceso de traballo é o seguinte:

Partindo dunha foto que vos resulte atractiva ou interesante, imos reinterpretala resolvéndoa por medio de tons planos de cor. Para elo, delimitaremos en primeiro lugar grandes áreas de color homoxénea, realizando así un "mapa de tons". Podemos facer a análise dos diferentes tons de cor, ou ben facer o estudio das zonas de luces e sombras. Para isto realizaremos un bosquexo a lápis da imaxe en primeiro lugar, delimitando as formas con precisión mediante amplias zonas de cor sen deternos nos detalles nin na intensidade das luces, e centrándose nas variacións tonais e nos distintos planos de profundidade. A continuación, as zonas delimitadas píntanse de cores planas sin que cheguen a tocarse entre sí, é dicir, respetando unha pequena marxe blanca.



Con este proceso podemos darlle un look de cómic a unha fotografía:

Nesta presentación tendes máis exemplos de retratos e paisaxes. ¡Ánimo! Veredes cómo os resultados son espléndidos.