xoves, 22 de setembro de 2011

Cómo trazar paralelas e perpendiculares con escuadra e cartabón



¡Practica a túa técnica!

Normalización e escalas


Con frecuencia podémonos atopar na situación de ter que interpretar un deseño técnico: o plano dunha vivenda, o deseño dun moble, o debuxo dun obxecto de escritorio... para facernos unha imaxe clara do que expresa ese debuxo temos que coñece-lo significado de cada tipo de liña utilizada, das cifras que aparecen e doutros símbolos.

Cando un deseñador realiza un proxecto para que outras persoas o executen, ten que dotar ós seus debuxos de todas aquelas especificacións necesarias para que a súa interpretación non conduza ó erro.

Nesta unidade trataremos as normas a seguir para realizar e comprender correctamente todas as especificacións dun deseño.

Aquí tedes un Power Point coas normas básicas de acotación, para complementar as explicacións.

E aquí unha páxina web de normalización con explicacións e exercicios interactivos de acotación.

Arte cinético

Na primeira práctica do curso realizaremos unha composición con cadrados ou triángulos ó estilo do pintor español Eusebio Sempere. Empregaremos liñas paralelas e perpendiculares de distinto grosor.


Eusebio Sempere, "Estudio Do Cadrado" (1966)

Eusebio Sempere (Alicante, 1923-1985) é o pintor máis representativo do movemento cinético en España. A liña e a súa repetición e un gran dominio da cor que logra facer vibrar a luz van a dar profundidade ás súas composicións pictóricas. A súa aportación persoal a este movemento cinético consiste nas súas series de construccións xeométricas e abstractas ás que imprime o efecto de ilusión de vibración e movemento.