domingo, 13 de novembro de 2011

Collages Dadá

O Dadaísmo foi un movemento vangardista que comezou despois da primeira guerra mundial e que se basou principalmente nunha actitude de revolta e disgusto frente á orde social existente. A súa proposta foi unha forma de arte como "antiarte". A poesía que mostraba tiña unha linguaxe incoherente que se destrúe a sí mesma, e utilizábanse métodos deliberadamente incomprensibles que se apoiaban no absurdo e no irracional, co obxetivo de que o público considerara os valores estéticos establecidos.

Para elo utilizaban novos materiais, como os de refugallo atopados na rúa, e novos métodos, como a inclusión do azar para determina-los elementos das obras.

Este movemento abarcou tódolos xéneros artísticos e debémoslle o collage, os murais e sobre todo, o feito de sacar o arte dos museos e da casa dos burgueses, xa que pensaban que o arte debía ser popular e non só para a clase alta. O Dadaísmo tamén abriu o campo para a chegada do Surrealismo e axudou a crear unha linguaxe poética libre e sen límites.

Nos nosos collages Dadá utilizamos imaxes publicitarias e informativas xunto con outros materiais como papeis usados, para realizar composicións tanto figurativas como abstractas. As mensaxes que transmiten propoñen distintas reflexións en torno a temáticas dispares como os medios de comunicación, a moda, o medio ambiente, a educación vial ou o consumo . Xa está aquí a presentación co tema "Jerk It Out" de The Caesars, que na súa letra fai alusión a esa liberdade e espontaneidade creativa.




Figuras en isométrica

Neste traballo, pertencente á unidade do sistema axonométrico ,elaboramos unha serie de figuras sinxelas de forma prismática en perspectiva isométrica, coloreando con distintos tons de cor as diferentes caras e simulando nalgúns casos as zonas iluminadas e de sombra. Para realizar estas figuras en 3D utilizamos unha rede isométrica (a base de triángulos equiláteros). Mirade a presentación co tema "Re-Wired" de Kasabian.

Alzados de edificios

Como parte da unidade do sistema diédrico, os alumnos de cuarto fixeron o debuxo do alzado da fachada dun edificio ou monumento, trazando e proporcionando aqueles aspectos formais que caracterizan a súa fachada principal, e traballando creativamente o entorno plástico do edificio mediante diferentes técnicas plásticas.

O tema é "Around The World" de Daft Punk.