domingo, 30 de outubro de 2011

¡Feliz Samaín!

Tim Burton (1958) é un director, produtor, escritor e diseñador estadounidense. A maioría das súas películas caracterízanse pola presenza de mundos imaxinarios onde adoitan estar presentes elementos góticos e escuros, cuxos protagonistas soen ser seres inadaptados e enigmáticos.

A curtametraxe "Vincent" foi realizada por Tim Burton e Rick Heinrichs en 1982, e conta a historia dun neno de 7 anos chamado Vincent Maloy, que está obsesionado co actor Vincent Price e tódolos seus papeis de cine, así como con Edgar Allan Poe.

Vincent Price (1911 - 1993) foi un actor estadounidense coñecido pola súa distintiva voz que protagonizou unha serie de películas de terror na última parte da súa carreira.

Edgar Allan Poe (1809 - 1849) foi un escritor, poeta, crítico e xornalista estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, que foi recordado especialmente polos seus contos de terror.

Esta é a primeira curtametraxe dirixida por Tim Burton e utiliza a técnica de animación stop-motion (cadro por cadro), con bonecos de ollos grandes e lúgubres figuras de arxila. Cun excelente guión e música, mostra o lado que sempre lle gustou a Tim Burton: a escuridade, a desesperación, o medo e as figuras trastornadas.

A historia está narrada de forma excelente polo propio Vincent Price. Aquí vola deixo con subtítulos.