domingo, 15 de abril de 2012

Grande estrea da película "O Clube Do Sábado"




Esta é unha curtametraxe que realizamos en 4º da ESO como proxecto sobre o cine, a imaxe secuenciada e en movemento, e os programas de tratamento de imaxe e montaxe audiovisual (Gimp, Windows Movie Maker, Audacity).

Vai a tomar parte no concurso de curtametraxes REC-CURTA. A continuación tende-la sinopse do filme, e máis abaixo o vídeo completo da curta:



O Clube Do Sábado 



Remake de The Breakfast Club (1985) 
Un criminal, un atleta, un cerebro, unha princesa e un caso perdido. Seguro que coñecedes a algún rapaz do instituto que responde a estes estereotipos. Pois ben, imaxinade a estas cinco persoas castigadas a pasar un sábado na biblioteca do instituto, durante oito horas e cincuenta e catro minutos. ¡Poden saltar chispas! Ésta é a trama que segue The Breakfast Club, comedia de culto dos oitenta para adolescentes escrita e dirixida por John Hughes.

Moitas veces os rapaces déixanse levar polos medios de comunicación e intentan imitar ós seus heroes, para diferenciarse do resto e chamar a atención. A globalización fai que estes modelos de conducta se extendan polo mundo. Nembargantes, a película trata de desenmascarar estes clichés e demostrar que estes cinco adolescentes poden convivir xuntos (aínda que só sexa por unas horas), falar, divertirse e abrirse ós outros. Vixiados polo director, a medida que pasan as horas descubren que cada un deles vai máis alá da súa respectiva etiqueta. 

A nosa curtametraxe recolle a esencia do argumento e trasládao á cidade de Lugo, dándolle vida ás personaxes a través dunha serie de caracteres locais. De este modo, mostra as particularidades de cada un destes estereotipos, que se reflexan no aspecto físico e a forma de actuar de cada un deles, así como na linguaxe característica da xente nova e os diálogos, sen perder a autenticidade e a frescura duns rapaces que se esforzan por entrar no mundo adulto.