venres, 15 de xuño de 2012

Lipdub para a graduación de 4º da ESO

Atención a este lipdub que os alumnos de 4º da ESO fixeron para a súa graduación. Foi preparado e realizado por eles mesmos nun tempo récord. Trátase dun só plano secuencia. Qué pasada non? É moi gracioso!!

mércores, 13 de xuño de 2012

Interpretación das Tahitianas de Gauguin

Fixemos esta lámina dentro da unidade da cor en primeiro. Tratábase de facer un debuxo a lápis do famoso cadro de Gauguin, Mulleres de Tahití, (1891) e colorealo utilizando tons da gama cálida. Este cadro foi pintado na primeira estancia do pintor na isla. Na técnica que utilizou Gauguin, o "cloisonismo", as cores planas están encerradas con trazos negros e azul de prusia.

Practicamos a copia dos grandes mestres e usamos témperas e pincel, que nos gusta moito. As caras das mulleres e as mans, así coma gardar as proporcións do corpo era o que nos resultou máis difícil. ¿O violeta era cálido ou frío? ¿E o verde? ¿E o negro...?

Composición con tipografía

Éste é un exercicio que fixemos despois de estudia-la unidade da composición, que trata sobre cómo se ordenan e relacionan entre sí os elementos da linguaxe plástica no prano. Na composición entran en xogo diferentes factores coma o formato, a proporción, o ritmo, a simetría, o peso visual, as direccións visuais, os esquemas compositivos e tamén a relación entre figura e fondo.

Neste traballo os alumnos utilizaron distintas tipografías recortadas de revistas ou periódicos, para configurar palabras ou frases, e compoñer un collage xogando tamén con outros elementos visuais, e guiándose por algún dos esquemas de composición que vimos na clase.

Composición Tipografía

View another webinar from Camino Casabella



sábado, 9 de xuño de 2012

O esténcil

Agora que pasámo-los exames vou a empezar a publicar unha serie de presentacións cos traballos realizados neste tramo final do curso. Aquí están os que fixemos como unha primeira aproximación á técnica do estarcido ou esténcil. Foi unha actividade moi divertida de realizar, recortando as prantillas e pintando cos sprays. ¡Conseguimos algúns resultados sorprendentes!

O estencil
View another webinar from Camino Casabella