Amosando publicacións coa etiqueta Debuxo Técnico b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Debuxo Técnico b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 12 de xuño de 2016
venres, 9 de decembro de 2011
A mansión de cuarto
Un exercicio de aplicación da perspectiva cónica consiste en debuxar a distribución dunha habitación en perspectiva cónica central por ser algo máis sinxela cá de dous puntos de fuga. Lembra que ó estar os obxetos paralelos ó plano do cadro tódalas liñas fugan ó punto principal P.
O seguinte traballo vai a consistir en debuxar e deseñar a construcción dunha casa ou mansión entre todos. Imaxina que un espectador mira unha casa de frente sen a fachada principal:
Cada un de vós vai a escoller unha estancia da casa: cuarto de baño, salón, cociña, dormitorios, garaxe... e debuxará un deseño da habitación en perspectiva cónica frontal cos elementos máis relevantes da decoración. Evitaremos todos aqueles que teñan curvas complicadas. Podes buscar deseños en internet para axudarte no proxecto do debuxo da habitación. Suxírovos que visitedes o blogue The Cool Hunter para que vos sirva de inspiración.
Podes axudarte debuxando sobre a foto dunha habitación os elementos da perspectiva como ves neste croquis, e despois realiza-lo teu debuxo no block añadindo ou eliminando detalles ó teu gusto. Para que a casa pareza máis real pódense abrir portas nos laterais da habitación para simular que pasamos dun cuarto a outro.
Aquí tedes un vídeo coa técnica para debuxar una habitación en perspectiva cónica central, da que xa falamos na clase.
O seguinte traballo vai a consistir en debuxar e deseñar a construcción dunha casa ou mansión entre todos. Imaxina que un espectador mira unha casa de frente sen a fachada principal:
Cada un de vós vai a escoller unha estancia da casa: cuarto de baño, salón, cociña, dormitorios, garaxe... e debuxará un deseño da habitación en perspectiva cónica frontal cos elementos máis relevantes da decoración. Evitaremos todos aqueles que teñan curvas complicadas. Podes buscar deseños en internet para axudarte no proxecto do debuxo da habitación. Suxírovos que visitedes o blogue The Cool Hunter para que vos sirva de inspiración.
Podes axudarte debuxando sobre a foto dunha habitación os elementos da perspectiva como ves neste croquis, e despois realiza-lo teu debuxo no block añadindo ou eliminando detalles ó teu gusto. Para que a casa pareza máis real pódense abrir portas nos laterais da habitación para simular que pasamos dun cuarto a outro.
Cando teñas o debuxo no block, realizaralo de novo coidando o rotulado nun papel vexetal A3 para garda-lo traballo da perspectiva, e sobre o debuxo do block completarás o traballo de cor mediante un collage de fotos de revistas seguindo as pautas para a realización da perspectiva en canto a tamaño relativo dos obxetos, fugas, etc. No collage podes añadir mobiliario, persoas, mascotas, unha foto de tí mesmo...
Aquí vos deixo os pasos un por un.
luns, 14 de novembro de 2011
A Perspectiva Cónica
Debuxar o espacio no plano: A realidade é tridimensional
DEBUXO E PERSPECTIVA
Así é, vivimos nun mundo tridimensional. O espacio e tódalas formas da realidade teñen tres dimensións:

1.A altura ou lonxitude, 2.A anchura e 3.A profundidade
Podemos ademáis camiñar por este espacio, cambiando o punto de vista e polo tanto, transformando a forma aparente dos obxetos. Os objetos cambiarán (en apariencia) o seu tamaño, se nos acercamos ou nos alonxamos. Tamén, os objetos pérdense tras outros e van aparecendo outros novos cando nos movemos ou xiramos arredor deles.
Os sistemas perspectivos
Os sistemas perspectivos ou perspectivas, basándose nas claves espaciais (altura, anchura e profundidade), utilizan métodos matemáticos que serven para representar ou imita-la realidade tridimensional nun papel bidimensional (altura e anchura).

Fotografía de andén ferroviario

Debuxo de andén ferroviario
Polo tanto, cando tratemos de debuxa-la realidade, haberá que utilizar estes trucos para que os obxetos que debuxemos teñan a apariencia de profundidade.
Vexamos a continuación o aspecto de profundidade que conseguiremos no plano utilizando dous sistemas perspectivos muy conocidos:
- O sistema axonométrico. (Perspectiva isométrica e cabaleira)
- A perspectiva cónica
A imaxe da estación pertence á perspectiva cónica. Observa cómo hai un punto F, chamado punto de fuga, ata o que converxen todas las líneas. Observa tamén cómo as formas van diminuíndo de tamaño.
A perspectiva cónica permítenos representar nun papel as formas tal e como as vemos na realidade. Desta forma, con este sistema pódese debuxa-la realidade dunha maneira moi parecida a como a ve o ollo humano.
Elementos da perspectiva cónica
Se miramos a través dun cristal (PC ou plano del cuadro) e debuxamos nel as liñas fundamentais do que observamos, estamos trazando unha perspectiva cónica. O PV ( punto de vista) é o ollo polo que observas, o plano de horizonte ( PH ) pasa pola túa pupila exactamente, o ( PX ) plano xeometral é o chan onde se asentan os objetos que diebuxamos.
A imaxen anterior ilustra a intersección do plano do cadro co cono de visión. O resultado é unha imaxe deformada que é a que vemos.
Elementos da perspectiva cónica:
En primeiro lugar temos o plano do cadro (PC) sobre o que se proxectará ol obxeto. Podemos dicir que o mismo é coma un papel transparente, perpendicular ó chan e situado entre o obxeto e o observador.
O punto de vista (V) é o observador que mira o obxeto. A súa posición (se mira dende arriba, dende cerca ou dende la esquerda, etc.) determina a forma de proxectarse o obxeto no plano do cadro.
A liña de horizonte (LH) é una liña horizontal respecto ó chan, sobre a que se situarán o punto ou os puntos de fuga. Esta liña imaxinaria atópase á altura dos ollos do observador.
O punto principal (P) sitúase na liña de horizonte. Neste punto converxerán ou fugarán tódalas liñas paralelas a unha dirección. Dependendo do número de puntos de fuga, será o tipo de perspectiva cónica.
Por último, a liña de tierra (LT) é outra liña imaxinaria resultado da intersección do plano do cadro co plano do chan. Ambos planos son perpendiculares entre sí.
Por último, os puntos de fuga F y F’ no caso da perspectiva cónica oblicua. Son puntos que se sitúan na liña de terra unha vez abatida a distancia entre o punto principal e o punto de vista. A distancia entre eles é la hipotenusa dun triángulo rectángulo, cuxo vértice de 90º é o punto de vista.
O debuxo en perspectiva cónica e o seu plantexamento
Pero para realizar os plantexamentos de forma técnica, a partir de elementos imaxinados ou en construcción temos que desenvolver o acoplamento ou abatimento dos planos principais para realiza-lo debuxo sobre o papel. Observa aa animación. A partir deste abatimento ata convertilo nun só plano (o do papel), é cando podemos traballar e imaxinar…
Observa que as direccións fundamentais da figura debuxada repítense para determina-los focos sobre a liña de horizonte. As liñas das figuras prolónganse ata a liña de terra e de ahí parten ata o foco determinado pola paralela a dita dirección. No cruce de liñas homólogas podemos determinar os puntos homólogos A\’, B\’, C\’ y D\’ sobre o plano do cadro.
Este tipo de perspectiva é o que chamamos Perspectiva Cónica Oblicua , porque a figura sitúase de forma Non Paralela / Perpendicular ó plano do cadro.
Clases de perspectiva cónica
Perspectiva cónica frontal.
Falamos de perspectiva cónica frontal cando unha das caras dol obxeto é paralela ó plano do cadro e ó observador, é dicir, cuando una das caras é frontal á nosa vista. Neste caso, sólo haberá un punto de fuga que coincide co punto principal (P). A cara do obxeto que sexa paralela ó plano do cadro aparecerá en verdadeira magnitude, é dicir, tal cal no obxeto real, sen deformación perspectiva. Tódalas demais direccións das caras dun cubo, por exemplo, converxerán no punto de fuga ou punto principal (P).
Perspectiva cónica oblicua.
Falamos de perspectiva cónica oblicua cando ningunha das caras do obxeto é paralela ó plano do cuadro e, polo tanto, ten as súas caras en direccións oblicuas respecto ó observador. Neste caso aparecerán dous puntos de fuga (F y F’), ata cada un dos cales converxerán as aristas do obxeto que sexan paralelas entre sí.
Posicións do punto principal e da Liña de Horizonte LH
Nos seguintes exemplos podemos comprobar de qué modo se ven os corpos en perspectiva cónica frontal, en función de onde está situado o espectador (P) e da altura dende onde observa (LH).
Na imaxe 1, o espectador mira o cubo completamente de frente e dende arriba.
Na imaxe 2, o espectador sitúase á dereita e mira dende arriba. Pode ver, polo tanto, as caras dereita e superior do cubo.

Figura 1 Figura 2 Figura 3
Perspectiva cónica dun cadrado e o seu plantexamento
Na seguinte animación a figura atópase en posición paralela / perpendicular ó plano do cadro. O punto de fuga atópase, polo tanto, na perpendicular ó punto de vista. É o punto principal (P.P.) o punto que recolle as fugas das rectas homólogas da figura que son perpendiculares ó cuadro. As diagonais do cadrado, ó formar 45º coa liña de terra axúdannos a trazar as posicións exactas dos puntos. Ó unir estas diagonais dende a liña de terra ata os puntos de distancia homólogos (D e D’), aparece xa a figura plana en perspectiva.
Este tipo de perspectiva denomínase Perspectiva Cónica Frontal , porque a figura atópase en posición perpendicular ou de frente ó plano do cuadro.
Trazamos alturas en perspectiva cónica.
Observa a imaxe da dereita. As árbores, todas coa mesma altura, pero ó lonxe vanse facendo máis e máis pequenas. Os seus elementos homólogos únense en rectas que van ata o punto de fuga principal. A altura real dos obxetos sempre se tomará ou medirá sobre o pé das rectas que unen puntos homólogos sobre o plano do cuadro, é dicir, sobre a liña de terra.
CONTIDOS OBTIDOS DE CNICE.MEC.ES/PLASTICA
EXERCICIOS:
DEBUXAR UNHA RÚA EN PERSPECTICA CÓNICA FRONTAL
DEBUXAR UNHA HABITACIÓN EN PERSPECTIVA CÓNICA FRONTAL
DEBUXAR UNHA RÚA EN PERSPECTIVA CÓNICA OBLICUA
DEBUXAR UNHA CIDADE EN PERSPECTICA CÓNICA OBLICUA
MáIs exercicios en:
Información obtida de:
EVOLUCIÓN DA PERSPECTIVA CÓNICA.
domingo, 13 de novembro de 2011
Figuras en isométrica
Neste traballo, pertencente á unidade do sistema axonométrico ,elaboramos unha serie de figuras sinxelas de forma prismática en perspectiva isométrica, coloreando con distintos tons de cor as diferentes caras e simulando nalgúns casos as zonas iluminadas e de sombra. Para realizar estas figuras en 3D utilizamos unha rede isométrica (a base de triángulos equiláteros). Mirade a presentación co tema "Re-Wired" de Kasabian.
Alzados de edificios
Como parte da unidade do sistema diédrico, os alumnos de cuarto fixeron o debuxo do alzado da fachada dun edificio ou monumento, trazando e proporcionando aqueles aspectos formais que caracterizan a súa fachada principal, e traballando creativamente o entorno plástico do edificio mediante diferentes técnicas plásticas.
O tema é "Around The World" de Daft Punk.
domingo, 6 de novembro de 2011
Texto en 3D
Continuando cos exercicios de perspectiva isométrica, a proposta de hoxe consiste en debuxa-los vosos nomes con letras en 3D. Éste e un recurso moi empregado últimamente en deseño gráfico para crear tipografías de toda clase. Para isto aplicaremos o que xa sabemos sobre a perspectiva isométrica e moita imaxinación. Podedes colocar as letras en posicións e direccións diferentes, cubri-la súa superficie con texturas ou debuxos... Na seguinte presentación tendes unha serie de exemplos de diferentes textos en 3D, a cada cal máis creativo. ¡Qué chulos! ¿Estades inspirados?
domingo, 23 de outubro de 2011
Sistema axonométrico
![]() |
| Composición pictórica inspirada na representación axonométrica de planos. "Construcción espacio-temporal II", Theo Van Doesburg, 1924 |
O sistema axonométrico, do que forman parte a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira, ten como obxeto a representación de formas tridimensionais. Representa os corpos a través de un só trazado que proporciona unha visión global e de conxunto do volume.
![]() |
| Perspectiva isométrica da Casa Roberts. Frank Lloyd Wright, 1908 |
A axonometría é unha perspectiva que ten a ventaxa de facilitar un debuxo de gran claridade formal e fácil interpretación. Para mellora-la lectura dos trazados, os sistemas axonométrico e diédrico utilízanse conxuntamente: o sistema diédrico aporta as formas e proporcións verdadeiras do corpo e o debuxo axonométrico mostra a apariencia volumétrica total das pezas.
A perspectiva axonométrica é, ademais, un sistema rápido e sinxelo no seu trazado, polo que é moi utilizado en tódolos campos do deseño e do debuxo industrial porque resulta idónea para mostrar o ensamblaxe de pezas, de motores, de mobles e volumes en xeral.
Neste tema empregaremos as seguintes aplicacións on-line:
Tododibujo: Apuntes
educacionplastica.net: Explicacións e exercicios sobre a perspectiva axonométrica ortogonal
Mira este vídeo cunha breve introducción:
Sistema Diédrico e Vistas
Éstas aplicacións interactivas servirannos para repasar:
Tododibujo: por se alguén se despistou collendo apuntes aquí o tedes todo (Mirar: o punto, a recta, o plano, e vistas diédricas -sistema europeo-)
Interpretación de planos: exercicios interactivos de vistas e pezas
Vistas: Explicacións e exercicios interactivos de pezas, vistas e sistema diédrico (tipos de rectas e planos)
educacionplastica.net: Material sobre sistema diédrico básico
Neste vídeo explícase claramente cómo se proxectan a planta, alzado e perfil dunha peza tridimensional nos 3 planos: horizontal, vertical e de perfil, no sistema europeo.
Trazados xeométricos fundamentais
Dende a Revolución Industrial prodúcense en serie todo tipo de obxetos, dos cales o seu deseño progresou extraordinariamente. Para poder proxectalos estableceuse unha linguaxe coa que os técnicos de calqueira lugar do mundo poidan comunicarse. Esta linguaxe utiliza representacións gráficas como liñas, símbolos, etc.
O deseño industrial dun producto comeza coa súa planificación. Para elo, debúxase o obxeto que se vai a fabricar utilizando trazos a man alzada, nun boceto chamado croquis.
![]() |
| Cadeira "Barcelona", Mies Van Der Rohe. Foi deseñada para o pabellón alemán da exposición internacional de Barcelona de 1929 e aínda se comercializa case 80 anos despois. |
O deseño arquitectónico utiliza o debuxo técnico para representar nun espacio bidimensional o proxecto de edificios.
Do mesmo modo que para escribir necesitamos coñece-las palabras e para realizar operacións matemáticas os números, en debuxo técnico é necesario estudia-los trazados que nos permiten iniciarnos nesta linguaxe: a mediatriz dun segmento, a bisectriz dun ángulo, o Teorema de Tales...
Para estudia-los trazados fundamentais dispoñemos dunha serie de aplicacións en liña:
educacionplastica.net: Construcción paso a paso e exercicios para practicar.
Construccións de debuxo técnico: Materiais, técnicas e construccións básicas. Actividades para imprimir.
Exercicios de debuxo técnico: Construcción paso a paso.
sábado, 22 de outubro de 2011
Polígonos: triángulos e cuadriláteros
Aquí temos unha serie de materiais que nos van a axudar a repasar o que estamos estudiando nesta primeira unidade sobre formas poligonais, triángulos e cuadriláteros.
1.-Clasificación dos triángulos (Wikipedia) CLICK AQUÍ
2.-Cómo construír un triángulo equilátero:
3.-Cómo construír un triángulo isósceles:
4.-Presentación power point sobre os conceptos básicos dos polígonos e a clasificación dos triángulos (cos seus elementos principais), e os cuadriláteros. CLICK AQUÍ
5.-Aplicacións sobre os triángulos: Propiedades, elementos notables e construcción. CLICK AQUÍ
1.-Clasificación dos triángulos (Wikipedia) CLICK AQUÍ
2.-Cómo construír un triángulo equilátero:
3.-Cómo construír un triángulo isósceles:
4.-Presentación power point sobre os conceptos básicos dos polígonos e a clasificación dos triángulos (cos seus elementos principais), e os cuadriláteros. CLICK AQUÍ
5.-Aplicacións sobre os triángulos: Propiedades, elementos notables e construcción. CLICK AQUÍ
Documentación:
Tipos de polígonos
Vídeo para coñecer cómo son os polígonos segundo o seu número de lados e diferenciar os regulares dos irregulares.
Escuadra e cartabón
Xa sei que sodes uns cracks da creación, pero aquí vos deixo unhas imaxes de dous instrumentos que xa vos presentei na clase e que utilizaremos en debuxo técnico.
O CARTABÓN
Como podemos observar, o cartaBÓN é o instrumento que está acentuado con tilde e o máis longo. Os seus ángulos son de 90º, 30º e 60º.
A ESCUADRA
A escuadra é mais coñecida, senón botádelle un vistazo a este vídeo:
...se xa sabía eu que vos sonaba de algo! Os ángulos da escuadra son: 90º, 45º e 45º.
O CARTABÓN
Como podemos observar, o cartaBÓN é o instrumento que está acentuado con tilde e o máis longo. Os seus ángulos son de 90º, 30º e 60º.
A ESCUADRA
A escuadra é mais coñecida, senón botádelle un vistazo a este vídeo:
...se xa sabía eu que vos sonaba de algo! Os ángulos da escuadra son: 90º, 45º e 45º.
xoves, 22 de setembro de 2011
Normalización e escalas
Con frecuencia podémonos atopar na situación de ter que interpretar un deseño técnico: o plano dunha vivenda, o deseño dun moble, o debuxo dun obxecto de escritorio... para facernos unha imaxe clara do que expresa ese debuxo temos que coñece-lo significado de cada tipo de liña utilizada, das cifras que aparecen e doutros símbolos.
Cando un deseñador realiza un proxecto para que outras persoas o executen, ten que dotar ós seus debuxos de todas aquelas especificacións necesarias para que a súa interpretación non conduza ó erro.
Nesta unidade trataremos as normas a seguir para realizar e comprender correctamente todas as especificacións dun deseño.
Aquí tedes un Power Point coas normas básicas de acotación, para complementar as explicacións.
E aquí unha páxina web de normalización con explicacións e exercicios interactivos de acotación.
Arte cinético
Na primeira práctica do curso realizaremos unha composición con cadrados ou triángulos ó estilo do pintor español Eusebio Sempere. Empregaremos liñas paralelas e perpendiculares de distinto grosor.
Eusebio Sempere, "Estudio Do Cadrado" (1966)
Eusebio Sempere (Alicante, 1923-1985) é o pintor máis representativo do movemento cinético en España. A liña e a súa repetición e un gran dominio da cor que logra facer vibrar a luz van a dar profundidade ás súas composicións pictóricas. A súa aportación persoal a este movemento cinético consiste nas súas series de construccións xeométricas e abstractas ás que imprime o efecto de ilusión de vibración e movemento.
Eusebio Sempere, "Estudio Do Cadrado" (1966)
Eusebio Sempere (Alicante, 1923-1985) é o pintor máis representativo do movemento cinético en España. A liña e a súa repetición e un gran dominio da cor que logra facer vibrar a luz van a dar profundidade ás súas composicións pictóricas. A súa aportación persoal a este movemento cinético consiste nas súas series de construccións xeométricas e abstractas ás que imprime o efecto de ilusión de vibración e movemento.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















