xoves, 17 de novembro de 2011

Ritmos modulares

Os módulos son elementos que se empregaron ó longo da historia da arte e do deseño para crear composicións estructuradas e ordenadas, por exemplo na ornamentación árabe e nas obras de artistas como Vasarely ou M.C. Escher. Se miras ó teu redor, serache fácil atopar estructuras e composicións modulares tanto naturais coma artificiais.

Neste traballo realizamos unha serie de composicións rítmicas formadas por módulos que se repiten, e organizadas segundo unha estructura xeométrica denominada malla cuadrada, que nos serviu como referencia para dar renda solta á nosa imaxinación e creatividade. Tamén aplicamos correctamente a cor para conseguir resultados máis vistosos.

A canción que soa é  "19 2000 (Soulchild Remix)" de Gorillaz.