venres, 7 de outubro de 2011

Arte Pop

Na década dos 50 e principios dos 60 do século XX, artistas británicos e estadounidenses crearon un novo movemento artístico, o Pop Art, caracterizado polo emprego de temáticas, iconografía e técnicas da cultura de masas, a publicidade e a sociedade de consumo.

Pode afirmarse que o Arte Pop é o resultado dun estilo de vida, a manifestación plástica dunha cultura (pop), caracterizada pola tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxetos deixan de ser únicos para producirse en serie.

Trabállase con iconos de obxetos cotidianos, coma electrodomésticos, embalaxes, publicidade, cómic e revistas, e fotografías das estrelas do cine e da televisión.

O próximo traballo que imos a realizar en terceiro é unha serie de obras de Arte Pop inspiradas nas creacións de Andy Warhol, o seu máximo representante. Tras una exitosa carreira como ilustrador profesional, Warhol adquiriu notoriedade mundial polo seu traballo en pintura, cine de vanguardia e literatura. Utilizou no seu traballo productos populares de consumo e valorou a importancia dos medios de comunicación de masas como vehículos para extender a arte. Dúas das súas frases célebres son: "A arte comercial é moito mellor que a arte pola arte". E "Todo o mundo debería ter dereito a 15 minutos de gloria"

Aquí tedes un vídeo da súa obra, con música da Velvet Underground, banda que formou parte da súa exposición multimedia "Exploding Plastic Inevitable".