xoves, 6 de outubro de 2011

Divertida homenaxe a Chaplin

Aproveitando que en primeiro estamos a realiza-lo deseño dun logotipo, hoxe déixovos un exemplo da creatividade dos deseñadores dalgunhas compañías. Neste caso trátase de "Google", o famoso buscador, que adoita a cambia-lo seu logotipo en datas especiais. Google celebra cumpreanos, aniversarios e acontecementos globais coma o mundial de fútbol, con alteracións no deseño do seu logo oficial. Días especiais coma o Nadal ou o Entroido tamén tiveron os seus propios logos.

Esta vez Google foi máis lonxe e sorprendeunos coa realización dun corto adicado ó actor Charles Chaplin (1889-1977), con motivo do aniversario do seu nacemento, xa que cumpriría 122 anos.

O vídeo, protagonizado por traballadores da mesma compañía, utiliza a estética das primeiras películas en branco e negro. É un corto de cine mudo no que un dobre de Charlie Chaplin le un diario "Google" e unha pintora deseña un logo de "Google".