luns, 13 de febreiro de 2012
Ledicia e cores!!
Pois iso. Éstes son os traballos inspirados no Orfismo de Robert Delaunay e a súa obra "Rhythm, Joie De Vivre". A canción é "Dog Days Are Over" (Os días de cans remataron) de Florence & The Machine. Bo día!! :)
mércores, 8 de febreiro de 2012
Dous vídeos sobre arte urbana
- Arte urbano 1: Un programa de Metrópolis, programa de RTVE sobre cultura e arte contemporánea, emitido o pasado venres. Primeiro dos programas nos que exploran a nova arte urbana, herdeira do graffiti e a arte de acción, anárquica, poética e combativa, é a arte que se expresa nas rúas. Ver aquí
- Style Wars, un clásico sobre as orixes do graffiti:
http://youtu.be/0EW22LzSaJA
martes, 7 de febreiro de 2012
O círculo cromático e a síntese sustractiva da cor
Esta semana empezamos a coñece-la cor, un dos elementos máis importantes da linguaxe visual e plástica. Como primeira actividade do tema, realizaremo-lo clásico círculo cromático de doce cores (tres primarias, tres secundarias e seis terciarias). Esta tradicional actividade realizarédela con témperas e axudaravos a:
- Repasa-la división da circunferencia.
- Coñece-las cores pigmento primarias: amarelo, azul cyan e maxenta.
- Traballar coa mezcra sustractiva de cores. Partindo das primarias, obterede-las secundarias e terciarias.
- Practicar unha técnica húmida: a témpera.
No seguinte vídeo do Canal EducaThyssen tendes unha sinxela explicación da actividade que ides a realizar.
Tamén poderedes ver cómo traballar de forma correcta coa técnica do Gouache ou témpera no seguinte vídeo:
Ademáis de face-lo círculo cromático analóxico, tamén podemos realizalo en dixital con esta estupenda aplicación de educacionplastica.net coa que xa podedes ir practicando:
http://www.educacionplastica.net/circuloCromatico.html
Na mesma web podedes ver unha breve explicación e un gráfico interactivo para experimenta-la síntese aditiva e a síntese sustractiva da cor:
domingo, 5 de febreiro de 2012
O estarcido ou esténcil
![]() |
| Esténcil de Ángela Davis (2005) |
Shepard Fairey, "Obey", é un dos artistas máis importantes do Street Art (Arte da Rúa).
Este artista é recoñecido por desenvolver o seu arte na rúa, onde retrata con esténcil a persoaxes mundialmente coñecidos.
Máis abaixo, un vídeo de cómo traballa no seu estudio.
A TÉCNICA DO ESTARCIDO
¿Qué é?
O estarcido é unha técnica artística que consiste en pintar sobre distintos materiais utilizando unha plantilla. Saber utiliza-lo estarcido axúdanos a realizar composicións artísticas, carteis e decoracións para a parede con cores uniformes.
Características
As plantillas pódense comprar feitas ou ben fabricalas nós mesmos. Coa mesma plantilla podemos facer múltiples copias.
Para realiza-lo estarcido necesitamos dispoñer dos seguintes materiais: cúter ou tesouras, cartulinas ou acetato transparente, lápis, rotuladores indelebles, pintura (spray) e instrumentos para extende-la pintura: pinceis, cepillos de dentes, esponxas, aerógrafo, etc.
Como se traballa?
- Eleximos un texto ou unha imaxe en branco e negro con formas simples e cerradas. Esta imaxe debúxase sobre o soporte (acetato ou cartulina) que utilizaremos como plantilla. Ten en conta que non se poden deixar espacios ou "islas" en branco dentro dunha área negra porque son as que van a ser cortadas. Utilízanse "pontes" para uni-las islas coa superficie da prantilla e formar unha unidade.
- O contorno do debuxo recórtase cun cúter ou tesouras e obtense un espacio aberto con zonas sólidas arredor.
- A prantilla recortada fíxase con cinta adhesiva enriba do soporte definitivo. A continuación pulverízase a pintura cun spray ou ben aplícase, sen humedecer, cun pincel sobre toda a superficie.
- A prantilla levántase e déixase seca-la imaxe. Se a pintura está moi húmida os bordes correranse. Limparemos a prantilla antes de que a pintura se seque para poder utilizala de novo.
Ilusións ópticas
Dentro do tema da forma, imos a ver as relacións que se establecen entre as formas no campo visual e o contraste figura-fondo.
Na percepción dun debuxo, unha pintura ou unha imaxe calqueira, algunhas formas revélanse como “figuras” e outras como “fondo”. As que emerxen como figuras impóñense á nosa atención e outras convírtense en fondo e parecen desaparecer.
As relacións figura-fondo foron ampliamente estudiadas pola psicología da Gestalt, que a partir da copa de Rubin (mostrada á esquerda) chegaron á conclusión de que a percepción é un proceso no que o espectador toma un papel activo, xa que os nosos ollos non poden percibir simultáneamente as dúas partes como figura ou como fondo. Estas relacións foron explotadas por artistas como Dalí, Magritte ou M.C. Escher.
Consulta as imaxes de doble sentido na Enciclopedia da percepción visual.
As relacións figura-fondo son utilizadas para crear ilusións ópticas. Na seguinte presentación, dedicada a elas faise un repaso ás ilusiónss ópticas máis comúns e qué as xenera. Observádea atentamente porque é moi interesante.
Esta presentación foi realizada por Ignacio Valdés para Musical Blogies
Agora contestade ás seguintes preguntas:
1. Que é unha ilusión óptica?
2. Que tipo de ilusións ópticas ou efectos aparecen na presentación?
3. En que consiste a persistencia da visión?
4. Cal che chamou máis a atención? Eres capaz de velas todas?
5. Nomea os cinco efectos ou ilusións que che gustaran máis ou che chamaran máis a atención e explica en qué consisten.
Para obter más información:
Ilusionario, Guía de ilusións ópticas
Ilusións ópticas en educacionplastica.net. Moi interesantes os gráficos interactivos.
Máis ilusións ópticas
Enlaces externos
Paradoxas visuais
Ilusións ópticas: ¿Podes crer ós teus ollos?
Percepción Visual
Akiyoshi's illusion pages
martes, 31 de xaneiro de 2012
sábado, 28 de xaneiro de 2012
Cómo facer unha curta
Para facer unha curtametraxe é necesario :
Ter claro qué queremos contar, de qué podemos prescindir e qué medios temos para contalo, mantendo sempre o noso toque persoal:
Saber cómo montar a peli,
...e por último coñecer moi ben os recursos da linguaxe audiovisual.
AQUÍ temos unha recopilación de tódolos tipos de planos no cine con exemplos de fragmentos de películas.
Ter claro qué queremos contar, de qué podemos prescindir e qué medios temos para contalo, mantendo sempre o noso toque persoal:
Saber cómo montar a peli,
...e por último coñecer moi ben os recursos da linguaxe audiovisual.
AQUÍ temos unha recopilación de tódolos tipos de planos no cine con exemplos de fragmentos de películas.
martes, 17 de xaneiro de 2012
M.C. Escher
M.C. Escher, artista holandés (1898-1972) fixo da ambigüedade figura-fondo unha das características dalgunhas das súas obras, a base da súa creatividade e imaxinación. Fascinado polas investigacións da percepción visual e, en concreto, sobre o problema da constitución da figura e do fondo, realizou obras nas que as figuras se transformaban en fondo e viceversa.
Debuxante e viaxeiro incansable, visitou Italia, Suiza e España, onde quedou impresionado coa Alhambra de Granada. Empezou os estudios de arquitectura pero pronto os abandoou para adicarse á súa labor de debuxante. Utilizou as técnicas do grabado en madeira (xilografía), o grabado en pedra (litografía) e os debuxos a plumilla (tinta) para representar paisaxes, arquitecturas e figuras imposibles nos que xoga coa xeometría e a percepción do espectador.
A través dos seus debuxos crea un universo máxico de figuras e seres imposibles, plagado de conceptos contrarios (noite e día, ben e mal), brindándonos un bo número de exemplos para a explicación e aplicación do deseño modular, as transformacións xeométricas ou as simetrías.
A continuación temos unha serie de enlaces que nos permiten acceder a numerosas imaxes da súa amplia obra, e tamén a vídeos do seu proceso de traballo, entrevistas e documentais:
Página oficial de M.C. Escher. Ademáis da súa biografía e imaxes das súas obras máis importantes, a web contén material videográfico: Escher traballando sobre unha plancha de grabado e varias entrevistas ó artista nas que fala sobre a súa vida e obra. También se inclúen deseños 3D das súas arquitecturas imposibles e a posibilidade de descargar puzzles interactivos. Moi interesante.
M.C. Escher Mindscape: o artista nunha web do Cybermuse da Galería Nacional de Canadá. Dividida en cinco apartados (vida, temas, técnicas, galería e enlaces) nos que destacan, por didácticos, os contidos relativos ás técnicas empregadas polo artista.
ESCHER E A XEOMETRÍA:
A xeometría na arte de M.C. Escher. Web elaborada por Enríque Martínez Arcos. Concebida como un taller de matemáticas no que se fai unha análise dos contidos matemáticos presentes na obra do artista: movementos no plano traslacións e xiros), simetrías, etc.
Mathematical Art of M.C. Escher.
CURIOSIDADES:
Anuncios publicitarios que utilizan ilusións ópticas inspiradas pola obra de Escher: Anuncio da marca Audi e Anuncio de Illy Cofee
Escena da película Dentro do Laberinto, dirixida en 1986 por Jim Henson e protagonizada por David Bowie e Jeniffer Connelly co laberinto creado por Escher na súa obra Relatividade.
Fotos en FlickCC que se encontran baixo o nome “Escher”. Algunhas son moi interesantes.
Hallucii, corto de animación que recrea a obra Ascending and descending (podes velo na pantalla inferior)
luns, 16 de xaneiro de 2012
Estructuras modulares no deseño e na arte
Unha composición modular, mosaico ou tesela é o resultado da combinación sobre unha rede ou trama denominada rede modular, composta de unidades que se repiten, chamadas módulos ou teselas.
Unha composición modular pode organizarse utilizando módulos desprazados linealmente (traslación), mediante xiros, ….
INTRODUCCIÓN HISTÓRICA
Os árabes foron grandes mestres da arte xeométrica. Na Alhambra de Granada, construída nos séculos XIII e XV, moitos pavementos e mosaicos de chans e paredes están decorados utilizando xiros, simetrías, traslacións e recortes sobre figuras regulares.
Detalles dos Mosaicos da Alhambra de Granada:
Se queres saber cómo se construíron, AQUÍ tes a explicación.
As redes modulares máis utilizadas son as basadas en polígonos regulares e pódense combinar orixinando dúas clases de redes: simples (que se forman por repetición dunha soa figura: triángulos ou cadrados) e complexas: (fórmanse pola utilizacion de varias figuras xeométricas á vez ou pola superposicion de redes simples). A condición fundamental é que debe compactar o prano, é dicir, cubrila por completo sen deixar ocos.
Na seguinte presentación tendes os contenidos más importantes deste tema. Se miras ó teu redor, serache fácil encontrar estructuras e composicións modulares tanto artificiais como naturais. Os módulos foron elementos que se han empregaron ó longo da historia da arte e o deseño para crear composicións estructuradas e ordenadas.
A imaxe da portada da presentación pertence ó artista Barry McGee. ¿Poderías realizar unha composición similar utilizando unha rede triangular? Para facelo podes utilizar esta aplicación, que visitaremos para traballar sobre este tema: Estructuras modulares bidimensionales.
Tamén veremos a un artista que traballou moito con este tema: M.C. Escher, ó que adicaremos unha entrada en breve.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





