luns, 5 de decembro de 2011

Concurso de fotografía de Nadal

Levas un fotógrafo dentro? Esta é a túa oportunidade!!

Participa no concurso que organiza o colexio cunha foto que capte a esencia do Nadal, nun instante único e irrepetible.

Hai dúas categorías, unha para alumnos e outra para familiares. O prazo de entrega remata o MÉRCORES 14 DE DECEMBRO, e os titores serán os encargados de recoller as fotos mediante un sistema de códigos que vos explicarán nas clases durante esta semana. Os premios serán otorgados por un xurado integrado por profesionais da fotografía, profesorado e representantes da comunidade educativa, específicamente designado para o evento.

Consulta as bases do concurso aquí.

Non deixes de participar!!

1 comentario:

  1. Son impresionantes as imaxes! Os fotógrafos realizaron un bo traballo, gústanme moito.
    Carla Carballal Gandoy Nº5 3ºA ESO 11-12-2011

    ResponderEliminar