domingo, 23 de outubro de 2011

19º edición de Estampa, a feira de arte múltiple

Hai obras de arte únicas e outras que se producen en serie. Dende 1993, a feira de arte Estampa reuniu cada ano unha oferta creativa que está máis cerca dun público máis amplo ca o que pode acceder ás pezas que se exhiben en Arco, a feira de arte contemporánea madrileña que se organiza tódolos meses de febreiro.

O novo director da feira, Chema de Francisco, quixo marcar o seu estreno con algunhas novedades: a oferta que presenta o centenar de expositores convocados por Estampa este ano vai máis alá da obra gráfica e as edicións, e demostra que a arte múltiple se dá na maior parte dos medios creativos: fotografía, vídeo, escultura... e mesmo pintura.

Pero esa extensión do concepto de arte seriada non queda aí. Outra novidade este ano é a incorporación de dúas novas seccións dedicadas ao deseño e ao son.

Fonte: El País 23/10/2011

3 comentarios:

  1. Gústame moito o video!;)
    E moi interesante!
    Marta 1º A

    ResponderEliminar
  2. xa me gustaría a min saber facer iso

    Iria de Francisco Rubinos nº7 1ºA

    ResponderEliminar
  3. detrás de todo hai moito esforzo!!!!
    Yago Núñez Fernández

    ResponderEliminar