Dende a Revolución Industrial prodúcense en serie todo tipo de obxetos, dos cales o seu deseño progresou extraordinariamente. Para poder proxectalos estableceuse unha linguaxe coa que os técnicos de calqueira lugar do mundo poidan comunicarse. Esta linguaxe utiliza representacións gráficas como liñas, símbolos, etc.
O deseño industrial dun producto comeza coa súa planificación. Para elo, debúxase o obxeto que se vai a fabricar utilizando trazos a man alzada, nun boceto chamado croquis.
![]() |
Cadeira "Barcelona", Mies Van Der Rohe. Foi deseñada para o pabellón alemán da exposición internacional de Barcelona de 1929 e aínda se comercializa case 80 anos despois. |
O deseño arquitectónico utiliza o debuxo técnico para representar nun espacio bidimensional o proxecto de edificios.
Do mesmo modo que para escribir necesitamos coñece-las palabras e para realizar operacións matemáticas os números, en debuxo técnico é necesario estudia-los trazados que nos permiten iniciarnos nesta linguaxe: a mediatriz dun segmento, a bisectriz dun ángulo, o Teorema de Tales...
Para estudia-los trazados fundamentais dispoñemos dunha serie de aplicacións en liña:
educacionplastica.net: Construcción paso a paso e exercicios para practicar.
Construccións de debuxo técnico: Materiais, técnicas e construccións básicas. Actividades para imprimir.
Exercicios de debuxo técnico: Construcción paso a paso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario