martes, 20 de setembro de 2011

O amencer da arte

Observa de cerca as pinturas da cova de Chauvet. Son as máis antigas coñecidas, que foron realizadas hai 30.000 ou 32.000 anos. Os prehistóricos debuxaban o que coñecían, fundamentalmente animais relacionados coa caza: cabalos, bisontes, renos, pero tamén leóns, panteiras, búhos, osos e hienas, ademáis de algunhas especies xa extinguidas, e outras figuras. Só necesitaban algún instrumento para raiar e pintar. ¡Pero cunha naturalidade que impresiona ata hoxe!

¿Queres saber máis sobre a arte prehistórica?

Aquí tedes un completo glog que combina diversos medios, co que podemos investigar sobre a arte prehistórica das covas de Altamira (Santillana del Mar, Cantabria), Laxcaux (Dordoña, Francia) e Chauvet (departamento de Ardèche, sur de Francia).

domingo, 18 de setembro de 2011

Descubren un mural perdido de Banksy nunha galería de Berlín


A obra foi cuberta con pintura fai oito anos para habilitar espacio para novos traballos

16/09/2011

O mural do artista británico Banksy «Every Picture tells a lie» foi redescuberto en Berlín o pasado fin de semana, despois de que unha galería o cubrise con pintura hai oito anos para habilitar espazo para novos traballos.

Banksy, que mantén en segredo a súa identidade, pintou a obra en 2003 para unha exhibición nunha galería de arte contemporánea na capital alemá. O mural foi recuperado como parte dun proxecto artístico de Brad Downey, artista estadounidense cuxa exhibición «What Lies Beneath» se centra en capas de pintura.

«O descubrimento é o proxecto de Downey: el quería xogar con iso», dixo Stephane Bauer, xefe da galería Kunstraum Bethanien, onde se expón o traballo de Banksy. Downey, que tamén foi parte da exposición en 2003, recordou o traballo de Banksy e quixo redescubrilo para o seu proxecto de 2011.

A obra de Banksy
Seguindo as coidadosas instrucións de Downey, os restauradores descubriron a obra, que retrata soldados alados con caras sorrintes e levando armas. As palabras «Every Picture Tells a Lie» están esborranchadas en pintura vermello sangue enriba deles.

A galería non está segura do que pasará co traballo de Banksy cando remate a exposición o 23 de outubro. Podería volver hibernar tras os muros recén pintados de branco... se ninguén intenta compralo antes.

Segundo Stephane Bauer, é difícil dicir canto vale o Banksy: «Non creo que poida valer moito porque hai unha capa de pintura por enriba da maior parte».

Fonte: ABC.es

xoves, 7 de xullo de 2011

Exposición de Cy Twombly

Vídeo sobre a exposición "Lepanto" de Cy Twombly, un dos expresionistas abstractos norteamericanos.

Debuxos do século XX. Colección Mapfre

Na modernidade, a obra de arte sobre papel xa non é só un apunte ou un debuxo preparatorio para unha pintura senón que en ocasións é considerada unha obra de arte por sí mesma.
Esta colección permite facer un recorrido polo desenvolvemento da arte da primeira metade do s. XX, facendo especial fincapé na trascendencia que tivo en España.
Debuxos de Sorolla, Picabia, Rodin, Schiele, Matisse, Grosz, Gris, Delaunay, Moholy-Nagy, Schwitters, Picabia, Picasso, Dalí, Miró, Tàpies, Chillida...

domingo, 24 de maio de 2009

Proverbio chino



Proverbio chino é o nome dunha curtametraxe onde se narra en tono de humor unha historia que nos invita a reflexionar sobre a necesidade de comprensión mutua entre as diversas culturas.

Ideas para facer uso na clase deste vídeo.