Para seguir avanzando nesta unidade sobre o volume imos a traballar na creación de formas tridimensionais. Seguro que todos coñecedes o que é a papiroflexia e máis dunha vez realizaríades unha paxariña, unha rá ou un avión a partir dunha folla de papel. Pois ben, Papiroflexia é o término español para origami (折り紙), arte de orixe xaponés do pregado de papel.
Do origami dícese que aporta calma e paciencia a quen o practica aínda que é unha técnica que pode acadar unha grande dificultade. A primeira afirmación queda confirmada no seguinte vídeo titulado Papiroflexia de Joaquim Baldwin, estudiante de animación (figura en Llámame Lola)
Acontinuación, varios exemplos de traballos con papel verdadeiramente sorpredentes que vos poden dar unha idea das posibilidades que ofrece esta técnica para o desenvolvemento de pezas volumétricas:
- Modelos de papel de Yee no Rag & Bone Blog. Mostra dos traballos deste artista canadiense do cal a materia prima é o papel blanco.
- Cool origami. Mostra de traballos de origami de Hojyo Takashi.
- Web de Eric Joisel, artista francés.
Artistas del papel:
- Su Blackwell. Esta artista utiliza o papel e os libros como base das súas delicadas e melancólicas obras.
- Peter Callesen.
- Ingrid Siliakus. Artista holandesa que reproduce arquitecturas usando a técnica do origami, moitas delas basadas na obra de Escher.
- Sam Buxton. Este artista non utiliza o papel como base da súa obra senón o metal. Podes ver tamén o seu traballo en Mikro e unha entrevista na Web del DeisgnMuseum
Para practicar esta técnica propóñovos que visitéde-los seguintes enlaces:
- Tutoriales de papiroflexia en Papiroflexia, arte doblando papel, Blog de Carlos Cuadrado
- Paper cfafts de Yamaha Motor. Modelos de maquetas en papel. Aínda que non é origami sérvenos para practicar. Podedes descargar as prantillas coloreadas para facer animais, motores, motos e variadas figuras relacionadas cos meses e as estacións. No apartado How to make paper crafts models (Cómo facer modelos de papel) inclúense explicativos vídeos de cómo realiza-las figuras a partir das prantilas.
a min este pareceme moi divertido porque traballar doblando papeis pareceme un arte que é moi interesante.
ResponderEliminarnº2 3ºa