A curtametraxe "Vincent" foi realizada por Tim Burton e Rick Heinrichs en 1982, e conta a historia dun neno de 7 anos chamado Vincent Maloy, que está obsesionado co actor Vincent Price e tódolos seus papeis de cine, así como con Edgar Allan Poe.
Vincent Price (1911 - 1993) foi un actor estadounidense coñecido pola súa distintiva voz que protagonizou unha serie de películas de terror na última parte da súa carreira.
Edgar Allan Poe (1809 - 1849) foi un escritor, poeta, crítico e xornalista estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, que foi recordado especialmente polos seus contos de terror.
Esta é a primeira curtametraxe dirixida por Tim Burton e utiliza a técnica de animación stop-motion (cadro por cadro), con bonecos de ollos grandes e lúgubres figuras de arxila. Cun excelente guión e música, mostra o lado que sempre lle gustou a Tim Burton: a escuridade, a desesperación, o medo e as figuras trastornadas.
A historia está narrada de forma excelente polo propio Vincent Price. Aquí vola deixo con subtítulos.
Encántame o video e moi gracioso!:)
ResponderEliminarMarta 1ºA ESO
O video é moi gracioso!!
ResponderEliminarjajaja
José Mato 1ºA ESO
pareceume precioso!!!
ResponderEliminarLaura Reia
nº 22 1º A ESO
si e moi bonito e sobre todo o que se ve que fai o neno e o personaxe que creé que é
ResponderEliminarA min pareceme que cada un de nos se pode identificar con ese neno porque aveces nos obsesionamos con algún persoaxe famoso e non vivímola nosa vida
ResponderEliminarIria de Francisco Rubinos nº7 1ºA
si e moi bonito e sobre todo o que se ve que fai o neno e o personaxe que creé que é
ResponderEliminarIria de Francisco Rubinos nº7 1ºA