martes, 20 de setembro de 2011

O amencer da arte

Observa de cerca as pinturas da cova de Chauvet. Son as máis antigas coñecidas, que foron realizadas hai 30.000 ou 32.000 anos. Os prehistóricos debuxaban o que coñecían, fundamentalmente animais relacionados coa caza: cabalos, bisontes, renos, pero tamén leóns, panteiras, búhos, osos e hienas, ademáis de algunhas especies xa extinguidas, e outras figuras. Só necesitaban algún instrumento para raiar e pintar. ¡Pero cunha naturalidade que impresiona ata hoxe!

1 comentario:

  1. é moi interesante saber como fixeron as pinturas rupetres e de outros tipos nesas cobas. Lúa

    ResponderEliminar