martes, 24 de abril de 2012

Papiroflexia na rede



Para seguir avanzando nesta unidade sobre o volume imos a traballar na creación de formas tridimensionais. Seguro que todos coñecedes o que é a papiroflexia e máis dunha vez realizaríades unha paxariña, unha rá ou un avión a partir dunha folla de papel. Pois ben, Papiroflexia é o término español para origami (折り紙), arte de orixe xaponés do pregado de papel.

Do origami dícese que aporta calma e paciencia a quen o practica aínda que é unha técnica que pode acadar unha grande dificultade. A primeira afirmación queda confirmada no seguinte vídeo titulado Papiroflexia de Joaquim Baldwin, estudiante de animación (figura en Llámame Lola)


Acontinuación, varios exemplos de traballos con papel verdadeiramente sorpredentes que vos poden dar unha idea das posibilidades que ofrece esta técnica para o desenvolvemento de pezas volumétricas:

Artistas del papel:

Para practicar esta técnica propóñovos que visitéde-los seguintes enlaces:

xoves, 19 de abril de 2012

Deseños personalizados

A seguinte é unha actividade de deseño tridimensional que consiste en crear retratos ou autorretratos con técnicas non habituais. O más difícil, aparte da habilidade técnica para realizar un deseño final correcto e ben elaborado, é conseguir unha peza que lembre á persoa á que estades retratando ou a vós mesmos.

Qué vos parecen os bonecos de trapo coma os que realizan os deseñadores de Eloole. ¿Non son xeniais? Se facedes clic sobre cada muñeco na súa web veredes a persoa que os inspirou.

¿E qué vos parecen estes bonecos que representan dous coñecidos artistas? Por certo ¿a cales?

Nós imos a traballar cun deseño bidimensional en cartón que despois plegaremos para conseguir un muñeco con volumen. Esta é a idea que desenvolven los Papertoys ou recortables, unha das antigas diversións que conseguiron un novo auxe gracias ó desenvolvemento de Internet. Botade un vistazo a esta páxina: Do it your mole dende a que podes baixar un modelo básico en formato pdf para logo customizalo como máis che guste.

martes, 17 de abril de 2012

Espacio e volume

Agora que estamos empezando a traballar co espacio e o volume, e coñecendo cómo se poden representa-las formas tridimensionais no plano, o encaixe e a técnica do craroescuro, aquí vos deixo tres vídeos que vos poden axudar na difícil tarea do debuxo do natural.

Neste vídeo podedes ver a un profesor da Otis college of Art and Design mostrando cómo debuxa-la figura humana. Aunque está en inglés, fixádevos en cómo debuxa primeiro as liñas principais e despois unha vez que está encaixada a figura, aplica o craroescuro para os detalles.




Nos seguintes vídeos vemos cómo aplica-lo craroescuro: no primeiro, cómo se inicia o modelado das formas, e no segundo cómo facer o degradado e o defuminado.


domingo, 15 de abril de 2012

Grande estrea da película "O Clube Do Sábado"




Esta é unha curtametraxe que realizamos en 4º da ESO como proxecto sobre o cine, a imaxe secuenciada e en movemento, e os programas de tratamento de imaxe e montaxe audiovisual (Gimp, Windows Movie Maker, Audacity).

Vai a tomar parte no concurso de curtametraxes REC-CURTA. A continuación tende-la sinopse do filme, e máis abaixo o vídeo completo da curta:



O Clube Do Sábado 



Remake de The Breakfast Club (1985) 
Un criminal, un atleta, un cerebro, unha princesa e un caso perdido. Seguro que coñecedes a algún rapaz do instituto que responde a estes estereotipos. Pois ben, imaxinade a estas cinco persoas castigadas a pasar un sábado na biblioteca do instituto, durante oito horas e cincuenta e catro minutos. ¡Poden saltar chispas! Ésta é a trama que segue The Breakfast Club, comedia de culto dos oitenta para adolescentes escrita e dirixida por John Hughes.

Moitas veces os rapaces déixanse levar polos medios de comunicación e intentan imitar ós seus heroes, para diferenciarse do resto e chamar a atención. A globalización fai que estes modelos de conducta se extendan polo mundo. Nembargantes, a película trata de desenmascarar estes clichés e demostrar que estes cinco adolescentes poden convivir xuntos (aínda que só sexa por unas horas), falar, divertirse e abrirse ós outros. Vixiados polo director, a medida que pasan as horas descubren que cada un deles vai máis alá da súa respectiva etiqueta. 

A nosa curtametraxe recolle a esencia do argumento e trasládao á cidade de Lugo, dándolle vida ás personaxes a través dunha serie de caracteres locais. De este modo, mostra as particularidades de cada un destes estereotipos, que se reflexan no aspecto físico e a forma de actuar de cada un deles, así como na linguaxe característica da xente nova e os diálogos, sen perder a autenticidade e a frescura duns rapaces que se esforzan por entrar no mundo adulto.


venres, 23 de marzo de 2012

Primeiros vídeos dunha nova promesa musical

Hoxe quérovos presentar os dous primeiros vídeos dunha xove promesa musical ó que sen dúbida lle temos que prestar atención. Este artista, que cursa 1º da ESO e actualmente se forma no conservatorio de Lugo, atópase en plena grabación dunha serie de novos vídeos musicais e dende aquí esperamos impacientes o seu estreno. Botádelle unha ollada!



martes, 20 de marzo de 2012

O cómic: recursos na rede


Hoxe imos a ver unha serie de recursos para coñecer e practicar a linguaxe do cómic. Como o cómic está relacionado co tema da liña, xa que é unha das técnicas que máis empregan este elemento como medio de expresión, aquí van unha serie de enlaces moi útiles:


Para aprender sobre a linguaxe do cómic e os seus autores máis destacados:
Diseño de cómics online:
Contidos transversais:
  • Valores comunes. Ideas para realizar cómics para a integración dos emigrantes. 

xoves, 15 de marzo de 2012

Círculos cromáticos

Xa podedes ver a presentación dos círculos cromáticos. A canción é She's a Rainbow dos Rolling Stones.

domingo, 11 de marzo de 2012

Redes Modulares

Estes son os deseños de redes modulares dos rapaces/as de 3º. Algúns están bastante logrados, creando ritmos mediante a repetición de módulos, e combinacións de cor interesantes. A canción que soa é The Symphony dos Snow Patrol.

Texturas con Picasso

Os de primeiro fixeron unha serie de interpretacións do cadro de Picasso "Os Tres Músicos" (1921). Nesta obra vemos ós músicos de frente e de perfil á vez, gracias á superposición de planos. A obra traslada ó espectador ó mundo da comedia da arte con tres figuras, un Arlequín, un Pierrot e un Monxe que aparecen tocando un instrumento musical.

Utilizamos diversas texturas visuais e táctis para facer un collage sobre unha reproducción da obra, e traballamos en equipos, facendo un exercicio de colaboración e organización entre os membros. Cales credes que son os gañadores?