Xa podedes ver a presentación dos círculos cromáticos. A canción é She's a Rainbow dos Rolling Stones.
xoves, 15 de marzo de 2012
domingo, 11 de marzo de 2012
Redes Modulares
Estes son os deseños de redes modulares dos rapaces/as de 3º. Algúns están bastante logrados, creando ritmos mediante a repetición de módulos, e combinacións de cor interesantes. A canción que soa é The Symphony dos Snow Patrol.
Texturas con Picasso
Os de primeiro fixeron unha serie de interpretacións do cadro de Picasso "Os Tres Músicos" (1921). Nesta obra vemos ós músicos de frente e de perfil á vez, gracias á superposición de planos. A obra traslada ó espectador ó mundo da comedia da arte con tres figuras, un Arlequín, un Pierrot e un Monxe que aparecen tocando un instrumento musical.
Utilizamos diversas texturas visuais e táctis para facer un collage sobre unha reproducción da obra, e traballamos en equipos, facendo un exercicio de colaboración e organización entre os membros. Cales credes que son os gañadores?
Utilizamos diversas texturas visuais e táctis para facer un collage sobre unha reproducción da obra, e traballamos en equipos, facendo un exercicio de colaboración e organización entre os membros. Cales credes que son os gañadores?
xoves, 1 de marzo de 2012
Saída pola tenda de regalos
Exit Through The Gift Shop: Un film de Bansky é unha película dirixida por Banksy, que conta a historia de Thierry Guetta, un inmigrante francés en Los Angeles, e a súa obsesión co street art. A película rexistra a constante documentación de Guetta de cada momento en vídeo, dende un encontro co seu primo, o artista Invader, á súa presentación a unha multitude de artistas da rúa, coma Shepard Fairey e Bansky, (do cal o seu anonimato é preservado oscurecendo a súa cara e alterando a súa voz), ata que finalmente o mesmo Guetta acada a fama coma artista da rúa.
O filme estreouse no Festival de Sundance de 2010. Está narrado por Rhys Ifans. A música é de Geoff Barrow. Inclúe a canción de Richard Hawley "Tonight The Streets Are Ours". A película foi nominada en 2011 para os Oscar na categoría de "Mellor película documental", e gañou na mesma categoría dos Independent Spirit Awards do mesmo ano.
Houbo un debate sobre se o documental é auténtico ou é un "mockumentary" (falso documental)
Algunhas críticas:
"Subversiva, provocativa e inesperada, (...) é unha delicia cómo te colle por sorpresa, comezando de forma tranquila pero acabando nun xogo de espellos tan inquedante que nin a Alicia de Lewis Carroll o tería experimentado xamais." (Kenneth Turan: Los Angeles Times)
"Non está moi claro cánto hai de ficción e cánto de realidade, pero este espectáculo sobre o arte da rúa é tan insólito como apasionante." (Carlos Boyero: Diario El País)
"Un interesante xogo de espellos sobre o arte da rúa, o pop, a verdade e a mentira. Feita con auténtico talento, cun sentido do humor e da ironía magníficos" (E. Rodríguez Marchante: Diario ABC)
"Banksy reproduce en celuloide o xogo irónico, autorreferencial e ácido dos seus debuxos da rúa nunha película co beneficio da intelixencia. Ademáis, resulta ben divertida (por intelixente)." (Luis Martínez: Diario El Mundo)
martes, 28 de febreiro de 2012
A composición
![]() |
| The Var Department, Hyères, 1932, de Henri Cartier-Bresson, Museo Nacional de Arte Moderno George Pompidou, Paris |
![]() |
| Composición VIII, de Kandinsky. Para o pintor ruso o primordial nos seus cadros era a composición e a cor, máis ca o propio tema. |
![]() |
| Le Modulor, de Le Corbusier |
Os cánones de Policleto e Le Corbusier
Na Antigüidade, o escultor grego Policleto ideou un canon de beleza segundo o cal a altura total do corpo humano equivalía a sete veces a altura da cabeza, que servía de módulo.
No século XX, o arquitecto Le Corbusier plantexou un canon que relacionaba as medidas do home co número de ouro, para aplicalo ó deseño de espazos arquitectónicos.
Repasaremos algúns dos contidos sobre a composición coa seguinte presentación, e a aplicación que temos máis abaixo:
Dándolle cor
Seguimos coñecendo e traballando a cor con algúns materiais sobre as características e a percepción da cor.
- En primeiro lugar, aquí temos un pequeno vídeo para repasar o que vimos na clase sobre cómo percibimos as cores.
- En segundo lugar, o apartado "La percepción del color" do recurso "La Enciclopedia Interactiva De La Percepción Visual"
- O seguinte recurso, "As dimensións da cor", axudaranos a coñece-las cualidades da cor, que serven para concretar e califica-las cores.
- Por último, presta atención ó seguinte vídeo realizado polo programa tres14 de RTVE que fai un repaso ás características da cor. Moi interesante!
- Para completar información, un completísimo banco de recursos sobre a cor: https://sites.google.com/site/luciaag2/elcolor
luns, 13 de febreiro de 2012
Ledicia e cores!!
Pois iso. Éstes son os traballos inspirados no Orfismo de Robert Delaunay e a súa obra "Rhythm, Joie De Vivre". A canción é "Dog Days Are Over" (Os días de cans remataron) de Florence & The Machine. Bo día!! :)
mércores, 8 de febreiro de 2012
Dous vídeos sobre arte urbana
- Arte urbano 1: Un programa de Metrópolis, programa de RTVE sobre cultura e arte contemporánea, emitido o pasado venres. Primeiro dos programas nos que exploran a nova arte urbana, herdeira do graffiti e a arte de acción, anárquica, poética e combativa, é a arte que se expresa nas rúas. Ver aquí
- Style Wars, un clásico sobre as orixes do graffiti:
http://youtu.be/0EW22LzSaJA
martes, 7 de febreiro de 2012
O círculo cromático e a síntese sustractiva da cor
Esta semana empezamos a coñece-la cor, un dos elementos máis importantes da linguaxe visual e plástica. Como primeira actividade do tema, realizaremo-lo clásico círculo cromático de doce cores (tres primarias, tres secundarias e seis terciarias). Esta tradicional actividade realizarédela con témperas e axudaravos a:
- Repasa-la división da circunferencia.
- Coñece-las cores pigmento primarias: amarelo, azul cyan e maxenta.
- Traballar coa mezcra sustractiva de cores. Partindo das primarias, obterede-las secundarias e terciarias.
- Practicar unha técnica húmida: a témpera.
No seguinte vídeo do Canal EducaThyssen tendes unha sinxela explicación da actividade que ides a realizar.
Tamén poderedes ver cómo traballar de forma correcta coa técnica do Gouache ou témpera no seguinte vídeo:
Ademáis de face-lo círculo cromático analóxico, tamén podemos realizalo en dixital con esta estupenda aplicación de educacionplastica.net coa que xa podedes ir practicando:
http://www.educacionplastica.net/circuloCromatico.html
Na mesma web podedes ver unha breve explicación e un gráfico interactivo para experimenta-la síntese aditiva e a síntese sustractiva da cor:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






