Neste traballo, pertencente á unidade do sistema axonométrico ,elaboramos unha serie de figuras sinxelas de forma prismática en perspectiva isométrica, coloreando con distintos tons de cor as diferentes caras e simulando nalgúns casos as zonas iluminadas e de sombra. Para realizar estas figuras en 3D utilizamos unha rede isométrica (a base de triángulos equiláteros). Mirade a presentación co tema "Re-Wired" de Kasabian.
domingo, 13 de novembro de 2011
Alzados de edificios
Como parte da unidade do sistema diédrico, os alumnos de cuarto fixeron o debuxo do alzado da fachada dun edificio ou monumento, trazando e proporcionando aqueles aspectos formais que caracterizan a súa fachada principal, e traballando creativamente o entorno plástico do edificio mediante diferentes técnicas plásticas.
O tema é "Around The World" de Daft Punk.
luns, 7 de novembro de 2011
Armonías de Cor
Nesta presentación atoparedes explicacións sobre os distintos tipos de armonías e as formas de combinar as cores de forma efeciva para aplicar no exercicio da interpretación dunha fotografía con cores planas.
As cores planas
O recurso de interpretar unha fotografía en tons planos é moi empregado no deseño de carteis, cómics e nas artes gráficas en xeral e ten un grande valor expresivo. O proceso de traballo é o seguinte:
Partindo dunha foto que vos resulte atractiva ou interesante, imos reinterpretala resolvéndoa por medio de tons planos de cor. Para elo, delimitaremos en primeiro lugar grandes áreas de color homoxénea, realizando así un "mapa de tons". Podemos facer a análise dos diferentes tons de cor, ou ben facer o estudio das zonas de luces e sombras. Para isto realizaremos un bosquexo a lápis da imaxe en primeiro lugar, delimitando as formas con precisión mediante amplias zonas de cor sen deternos nos detalles nin na intensidade das luces, e centrándose nas variacións tonais e nos distintos planos de profundidade. A continuación, as zonas delimitadas píntanse de cores planas sin que cheguen a tocarse entre sí, é dicir, respetando unha pequena marxe blanca.

Con este proceso podemos darlle un look de cómic a unha fotografía:

Nesta presentación tendes máis exemplos de retratos e paisaxes. ¡Ánimo! Veredes cómo os resultados son espléndidos.
domingo, 6 de novembro de 2011
Texto en 3D
Continuando cos exercicios de perspectiva isométrica, a proposta de hoxe consiste en debuxa-los vosos nomes con letras en 3D. Éste e un recurso moi empregado últimamente en deseño gráfico para crear tipografías de toda clase. Para isto aplicaremos o que xa sabemos sobre a perspectiva isométrica e moita imaxinación. Podedes colocar as letras en posicións e direccións diferentes, cubri-la súa superficie con texturas ou debuxos... Na seguinte presentación tendes unha serie de exemplos de diferentes textos en 3D, a cada cal máis creativo. ¡Qué chulos! ¿Estades inspirados?
xoves, 3 de novembro de 2011
Elementos básicos da linguaxe visual: O Punto
Imos a entrar nesta nova unidade do noso libro de texto, "Construímos las imágenes", analizando os distintos elementos que forman as imaxes. Empezaremos por un elemento moi pequeno, pero que ofrece moitas posibilidades na linguaxe plástica: o punto.
O punto chega a ter un grande valor expresivo, xa que con él podemos indicar unha posición, sensación de continuidade ou discontinuidade, cercanía ou profundidade, movemento, volume, luz e sombra, e crear formas e texturas.
Moitos artistas utilizaron o punto para expresarse: Paul Klee, Claude Monet, George Seurat, Roy Lichtenstein.
Coa seguinte presentación e a web "Elementos básicos del lenguaje visual" repasaremos o visto na clase:

mércores, 2 de novembro de 2011
A Cor: Características xerais e mezclas. O gouache
Para repasar o que aprendimos en primeiro e ver algo máis sobre as características xerais da cor temos esta presentación:
Tamén veremos este vídeo de Educathyssen sobre as mezclas de cor en función do ton, e a diferencia entre tons fríos e cálidos. ¿Dache a mesma sensación a imaxe pintada con tons fríos e cálidos?
Para a técnica da témpera ou gouache, necesitaremos pinceis de pelo suave, que son os que toman carga de auga. Hai moitos tipos de pinceis, según a pintura e a técnica coa que se vaian a utilizar: planos, redondos, carrados, en abanico, de lengua de gato... e con diferentes tipos de pelo.
¿Qué pinceis nos poden vir ben? Os que teñan pelo suave, redondos ou planos, como na imaxe inferior.

Para un bo mantemento:
- Intenta evitar que se cole pintura entre as cerdas e o metal, xa que acabará abrindo as cerdas e estropeándoas.
- Límpao ben despois do seu uso con auga e xabón, frotándoo suavemente sobre a palma da man para que expulse a pintura que poida ter entre as cerdas.
- Non o deixes olvidado a remollo, así evitarás que se deforme a punta e se oxide a parte metálica.
- Gárdao de maneira que se quede en vertical e coa punta para arriba para que non se deforme.
Por último, sobre a técnica do gouache:
A percepción da cor
Imos a comezar una nova unidade sobre un tema fascinante: A cor. A modo de introducción déixovos este vídeo sobre como percibimos as cores.
Ademáis, Ingrid Calvo Ivanovic ofrece en Proyectacolor uns obxetos de aprendizaxe que nos facilitarán a teoría e a percepción da cor (unidades 1 e 2).
Para finalizar, ¿qué opinas das cores da imaxe? ¿Son espirales azuis e verdes realmente? ¡A solución en poucos días!

domingo, 30 de outubro de 2011
¡Feliz Samaín!
Tim Burton (1958) é un director, produtor, escritor e diseñador estadounidense. A maioría das súas películas caracterízanse pola presenza de mundos imaxinarios onde adoitan estar presentes elementos góticos e escuros, cuxos protagonistas soen ser seres inadaptados e enigmáticos.
A curtametraxe "Vincent" foi realizada por Tim Burton e Rick Heinrichs en 1982, e conta a historia dun neno de 7 anos chamado Vincent Maloy, que está obsesionado co actor Vincent Price e tódolos seus papeis de cine, así como con Edgar Allan Poe.
Vincent Price (1911 - 1993) foi un actor estadounidense coñecido pola súa distintiva voz que protagonizou unha serie de películas de terror na última parte da súa carreira.
Edgar Allan Poe (1809 - 1849) foi un escritor, poeta, crítico e xornalista estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, que foi recordado especialmente polos seus contos de terror.
Esta é a primeira curtametraxe dirixida por Tim Burton e utiliza a técnica de animación stop-motion (cadro por cadro), con bonecos de ollos grandes e lúgubres figuras de arxila. Cun excelente guión e música, mostra o lado que sempre lle gustou a Tim Burton: a escuridade, a desesperación, o medo e as figuras trastornadas.
A historia está narrada de forma excelente polo propio Vincent Price. Aquí vola deixo con subtítulos.
domingo, 23 de outubro de 2011
Sistema axonométrico
![]() |
| Composición pictórica inspirada na representación axonométrica de planos. "Construcción espacio-temporal II", Theo Van Doesburg, 1924 |
O sistema axonométrico, do que forman parte a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira, ten como obxeto a representación de formas tridimensionais. Representa os corpos a través de un só trazado que proporciona unha visión global e de conxunto do volume.
![]() |
| Perspectiva isométrica da Casa Roberts. Frank Lloyd Wright, 1908 |
A axonometría é unha perspectiva que ten a ventaxa de facilitar un debuxo de gran claridade formal e fácil interpretación. Para mellora-la lectura dos trazados, os sistemas axonométrico e diédrico utilízanse conxuntamente: o sistema diédrico aporta as formas e proporcións verdadeiras do corpo e o debuxo axonométrico mostra a apariencia volumétrica total das pezas.
A perspectiva axonométrica é, ademais, un sistema rápido e sinxelo no seu trazado, polo que é moi utilizado en tódolos campos do deseño e do debuxo industrial porque resulta idónea para mostrar o ensamblaxe de pezas, de motores, de mobles e volumes en xeral.
Neste tema empregaremos as seguintes aplicacións on-line:
Tododibujo: Apuntes
educacionplastica.net: Explicacións e exercicios sobre a perspectiva axonométrica ortogonal
Mira este vídeo cunha breve introducción:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)