xoves, 20 de outubro de 2011

Pop Art

Éstes son os traballos que os alumnos de terceiro realizaron como unha pequena homenaxe a Andy Warhol e como estudio da relación entre a publicidade, os medios de comunicación de masas e a arte. A canción é "Are you gonna be my girl" de Jet, que aparece precisamente nun famoso anuncio realizado por uns creativos que saben un pouco de marketing, ¿alguén sabe cal?

mércores, 19 de outubro de 2011

Creación de logotipos

Xa están aquí os logotipos creados polas rapazas e rapaces de primeiro! Están deseñados como selo de intentidade dunha serie de empresas e productos de futuro que eles proxectaron, como parte da súa imaxe corporativa. Disfrutade a presentación co tema "Hey Mama", dos Black Eyed Peas.

Presentación logos

View another webinar from Camino Casabella

venres, 7 de outubro de 2011

Arte Pop

Na década dos 50 e principios dos 60 do século XX, artistas británicos e estadounidenses crearon un novo movemento artístico, o Pop Art, caracterizado polo emprego de temáticas, iconografía e técnicas da cultura de masas, a publicidade e a sociedade de consumo.

Pode afirmarse que o Arte Pop é o resultado dun estilo de vida, a manifestación plástica dunha cultura (pop), caracterizada pola tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxetos deixan de ser únicos para producirse en serie.

Trabállase con iconos de obxetos cotidianos, coma electrodomésticos, embalaxes, publicidade, cómic e revistas, e fotografías das estrelas do cine e da televisión.

O próximo traballo que imos a realizar en terceiro é unha serie de obras de Arte Pop inspiradas nas creacións de Andy Warhol, o seu máximo representante. Tras una exitosa carreira como ilustrador profesional, Warhol adquiriu notoriedade mundial polo seu traballo en pintura, cine de vanguardia e literatura. Utilizou no seu traballo productos populares de consumo e valorou a importancia dos medios de comunicación de masas como vehículos para extender a arte. Dúas das súas frases célebres son: "A arte comercial é moito mellor que a arte pola arte". E "Todo o mundo debería ter dereito a 15 minutos de gloria"

Aquí tedes un vídeo da súa obra, con música da Velvet Underground, banda que formou parte da súa exposición multimedia "Exploding Plastic Inevitable".

xoves, 6 de outubro de 2011

Divertida homenaxe a Chaplin

Aproveitando que en primeiro estamos a realiza-lo deseño dun logotipo, hoxe déixovos un exemplo da creatividade dos deseñadores dalgunhas compañías. Neste caso trátase de "Google", o famoso buscador, que adoita a cambia-lo seu logotipo en datas especiais. Google celebra cumpreanos, aniversarios e acontecementos globais coma o mundial de fútbol, con alteracións no deseño do seu logo oficial. Días especiais coma o Nadal ou o Entroido tamén tiveron os seus propios logos.

Esta vez Google foi máis lonxe e sorprendeunos coa realización dun corto adicado ó actor Charles Chaplin (1889-1977), con motivo do aniversario do seu nacemento, xa que cumpriría 122 anos.

O vídeo, protagonizado por traballadores da mesma compañía, utiliza a estética das primeiras películas en branco e negro. É un corto de cine mudo no que un dobre de Charlie Chaplin le un diario "Google" e unha pintora deseña un logo de "Google".

domingo, 2 de outubro de 2011

Saída ó paseo do Rato

Este venres os de primeiro fixemos unha saída ó paseo do Rato, onde pasamos unha divertida xornada de xogos e convivencia en plena natureza aproveitando este bo tempo que estamos a disfrutar este outono.

Xa tedes aquí as fotos nesta presentación con música de Arcade Fire e o seu "Wake Up".

*As fotos do xogo do pistoleiro fíxenas coa cámara de Marita e serán incluídas en canto sexa posible.

xoves, 22 de setembro de 2011

Cómo trazar paralelas e perpendiculares con escuadra e cartabón



¡Practica a túa técnica!

Normalización e escalas


Con frecuencia podémonos atopar na situación de ter que interpretar un deseño técnico: o plano dunha vivenda, o deseño dun moble, o debuxo dun obxecto de escritorio... para facernos unha imaxe clara do que expresa ese debuxo temos que coñece-lo significado de cada tipo de liña utilizada, das cifras que aparecen e doutros símbolos.

Cando un deseñador realiza un proxecto para que outras persoas o executen, ten que dotar ós seus debuxos de todas aquelas especificacións necesarias para que a súa interpretación non conduza ó erro.

Nesta unidade trataremos as normas a seguir para realizar e comprender correctamente todas as especificacións dun deseño.

Aquí tedes un Power Point coas normas básicas de acotación, para complementar as explicacións.

E aquí unha páxina web de normalización con explicacións e exercicios interactivos de acotación.

Arte cinético

Na primeira práctica do curso realizaremos unha composición con cadrados ou triángulos ó estilo do pintor español Eusebio Sempere. Empregaremos liñas paralelas e perpendiculares de distinto grosor.


Eusebio Sempere, "Estudio Do Cadrado" (1966)

Eusebio Sempere (Alicante, 1923-1985) é o pintor máis representativo do movemento cinético en España. A liña e a súa repetición e un gran dominio da cor que logra facer vibrar a luz van a dar profundidade ás súas composicións pictóricas. A súa aportación persoal a este movemento cinético consiste nas súas series de construccións xeométricas e abstractas ás que imprime o efecto de ilusión de vibración e movemento.

martes, 20 de setembro de 2011

O amencer da arte

Observa de cerca as pinturas da cova de Chauvet. Son as máis antigas coñecidas, que foron realizadas hai 30.000 ou 32.000 anos. Os prehistóricos debuxaban o que coñecían, fundamentalmente animais relacionados coa caza: cabalos, bisontes, renos, pero tamén leóns, panteiras, búhos, osos e hienas, ademáis de algunhas especies xa extinguidas, e outras figuras. Só necesitaban algún instrumento para raiar e pintar. ¡Pero cunha naturalidade que impresiona ata hoxe!

¿Queres saber máis sobre a arte prehistórica?

Aquí tedes un completo glog que combina diversos medios, co que podemos investigar sobre a arte prehistórica das covas de Altamira (Santillana del Mar, Cantabria), Laxcaux (Dordoña, Francia) e Chauvet (departamento de Ardèche, sur de Francia).